1-3: Outros tres e a seguir na loita

Os tres goles de Ana na segunda metade dan a vitoria nun partido máis complicado do que o marcador final reflectiu.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía engadiu unha vitoria o seu casilleiro no que levamos de ano. Desta forma, a Rosalía suma nove de nove puntos no que levamos de ano e segue na loita polo liderato con Mos ‘B’, Lóstrego ‘B’ e Peñasco. Un partido máis, as azuis conseguiron sobrepoñerse e lograr un valioso triunfo nun campo que sempre foi difícil.

A primeira parte estivo marcada pola boa formulación táctica local e con alternativas por ambos equipos. As locais, que fixeron un bo traballo de presión, trataron de dar un paso adiante, creando numerosos problemas na saída de balón das de Saa. As azuis foron as primeira en intentalo aos 13 minutos. Sabela puxo o balón no área e Noui, aparecendo no segundo pau, remata ao lateral da rede. Intentouno o Vilariño 11 minutos máis tarde. Ana Rodríguez coloca o balón ás costas da defensa e Raquel remata de primeiras, pero o seu tiro atopouse cunha gran intervención de Rocío. Non houbo resposta polo noso equipo, pero si imprecisiones na saída do balón que propiciaron outras novas ocasións para as locais. Antonella, no 32′ recupera a Bea e o seu remate sae alto. A punto estivo de chegar o primeiro co tempo cumprido. Rosalía sae en defensa, o despexe de Bea rebota en Antonella e o balón pega na cruceta. Co susto no corpo retiráronse as pontinas a vestuarios.

Ana marcou por cuarto partido consecutivo.

Hat-trick de Ana Seguín
O arranque da segunda, como o final da primeira. Dobre ocasión local, outra vez nas botas de Antonella, pero sen acertar entre os tres paus. No descanso Saa da entrada a Ester, Fara e Ainara en lugar de María, Noui e Paqui para dar aire novo ao equipo e os cambios, unidos ao baixón físico local, deron o seu froito. Fírvida colga un balón cruzado ao área onde aparece Ana, en posición moi dubidosa, para adiantar ás azuis, minuto 50′. Ana, como demostrou esta tempada non se conformou, quixo máis e conseguiuno. Tres minutos despois, no 53, chegou o segundo. A dianteira recibe na medular dáse a volta e encara a Verónica, o seu tiro desde fóra do área supera a Silvia. A Ourensana completaba o seu particular ‘triplete’ tras unha boa xogada por banda de Ester e Zaira, a ‘francotiradora’ centra ao área e Ana remata a pracer o terceiro. Puido chegar o cuarto no 80, Fara remata a porta baleira un centro de Ana, o balón sae fóra. No 90 de xogo as locais recortaron distancias por medio de Raquel, que non desaprovecha un balón de Ana Rodríguez ás costas das centrais para superar a Rocío no man a man.

Terceira vitoria no que levamos de ano. Tres de tres. As de Miguel Saa sumaron a súa novena vitoria nesta tempada, selando un comezo de segunda volta perfecta e consolidadas nos primeiros catro postos de playoffs. Partido a partido, as azuis están demostrando o seu bo nivel.

Check Also

Aguiño-Rosalía: a sénior busca os tres puntos en Ribeira

O noso equipo afronta outra partido clave na loita polos postos de fase de ascenso …

Skip to content