O Cadete colleita a súa segunda derrota a domicilio do ano

A EFF Rosalía Cadete cae ante Orzán nun partido no que non tivo ningunha opción de inquietar a vitoria local.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete coñeceu por segunda vez a derrota na Liga Galega Cadete Feminina no que levamos de 2022 fronte ao Oerzán S.D. (4-0). As coruñesas souberon golpear nos momentos crave do encontro, como o foron nos primeiros minutos e nos últimos do primeiro tempo. Intentou rehacerse a escuadra azul pero non houbo xeito de desenmarañar a madeja defensiva que teceu o seu adversario, polo que ao equipo pontino xa lle toca pensar no seguinte compromiso fronte ao Caldas CF.

O equipo coruñés, ataviado de amarelo e negro, parecía que se quería facer acreedor do primeiro gol desde os primeiros instantes. De feito, non se cumpriu nin o primeiro cuarto de xogo e Ana Capelo remataba un centro de Macarena, 1-0. O dominio do xogo era local e as nosas intentaban saír á contra, pero sen xerar problemas a Yaiza. No minuto 28, unha boa xogada de Macarena na frontal do área termina cun remate á escuadra logo de golpear nunha das centrais azuis. Tocaba remar para parar un tren e intentárono en varias ocasións as pontinas pero o córner de Lidia non atopa rematadora en área pequena. Case cando xa expiraba o primeiro tempo, o partido poñeríase aínda máis difícil, Uxía remataba á rede un tiro afastado ao que nada puido facer Valeria.

Marchábase polo tanto por detrás no marcador o Cadete aínda que con tempo por diante e esperanzadas de intentar darlle a volta ao partido. Nada máis lonxe da realidade, o dominio e ocasións chegaban desde o bando local. Intentouno Nerea tras unha boa asistencia de Lidia, pero o seu golpeo defectuoso non atopou portería. Atrás destacaban Silvia e a debutante Miriam, encargadas de desbaratar moitas das xogadas de ataque das de Enrique Muñoz. De todos os xeitos, outro jarro de auga fría caería pronto sobre as de Sobrino cando, o partido estaba nos último cinco minutos, Ana Capelo remataba á rede nuevamente un centro desde a banda.

Ao final, non se moveu máis o marcador e os tres puntos quedáronse na Coruña. Agora soamente toca pensar no próximo compromiso en casa fronte ao Caldas C.F. Para o técnico, Jorge Sobrino “O resultado foi xusto, elas foron superiores os oitenta minutos, Nós quizais notamos en demasía as dimensións do campo”.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content