1-4: Vitoria con dobrete de Zaira

Os dous goles da barbadesa, xunto aos de Vicky e Noui deron tres importantes puntos ao noso equipo en Ponteareas no regreso á competición.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía regresou á competición tras o nadal cun importante triunfo en Ponteareas. O noso equipo despediu un 2022, no que gañou a Porriño e con tres novos puntos inicia o ano para seguir na loita polo liderado xunto a Lóstrego ‘B’. A vitoria rubricouse nos primeiros minutos da segundo parte cun dobrete de Zaira, xunto aos goles de Vicky e Noui. A barbadesa transformou primeiro un penalti cometido por Noelia e, posteriormente, finalizou en boca de gol unha bonita xogada de Fara.

A primeira metade foi entretida e con ocasións para ambos os equipos a pesar das condicións do terreo de xogo. A primeira chegou aos 21 minutos e foi para as nosas. Zaira sacou un córner e o disparo de Noa saíu alto. Reaccionaron as locais con duas chegadas. Lucía Rodríguez crea perigo desde a dereita, o seu centro remátao Lucía Martínez e despexa Noa a córner. Noelia tivo que facer unha boa intervención ao tiro de Sabela de falta na seguinte chegada das nosas. Con todo, máis claras foron as dous seguintes das ‘laranxas’. Unha vez superada a media hora, Carolina recupera o esférico en tres cuartos e cando se dispón a rematar curta expléndidamente Laura. Un minuto despois, Paula comproba os reflexos de Rocío, que detén o seu disparo en dous tempos. Aínda máis clara foi a ocasión que tiveron as de Tobaruela no minuto 40′. Zaira recibe de costas en área local e cede a Vicky que se internou na área e disparou, pero volveu atoparse con Noelia. A EFF Rosalía xa avisara para poñerse por diante e conseguiuno na seguinte chegada cunha xogada de Feijóo, que terminou nunha xogada individual de Vicky, que regateou a Noelia e, sen ángulo, enviou o balón ao fondo da rede.

Partido moi serio das nosas en Ponteareas.

Zaira decide
O noso equipo saiu a por todas a volta de vestiarios e puido marcar nada máis entrar ao campo cun disparo axustado de Bonjoch. Un minuto despois, Laura intérnase pola dereita e o remate de bolea de Noui supera a Noelia aumentando as distancias. Non durou moito a alegría. Aos 53′, nunha internada de Carolina pola dereita, o seu centro remátao en boca de gol Pilar. Dous minutos despois, chegou o primeiro gol do actual pichichi azul. Jorge Juan García pitou penalti nun derribo de Noelia dentro da área a Zaira. A dianteira transformouno (55′) e 19 minutos despois asinou o dobrete ao finalizar unha boa xogada persoal de Fara e rematar o rexeite da gardameta local ao tiro da centrocampista. As de Tobaruela suman os tres puntos nun campo no que o San Mateo aínda non coñecía a derrota e continúan a loita polo liderato e a clasificación á Fase de ascenso, agora cunha diferencia de once puntos con respecto ao posto que marca o límite.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content