O Infantil borda unha vitoria incontestable fronte ao Tomiño FCF

Demasiada diferenza entre ambos conxuntos no último partido da primeira fase no Municipal de Oira, onde o Infantil venceu con goles de Sara (3), Victoria (2), Candela Losada (2), Antía, Irene e Xiana Carballo (2).

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía deu un puñetazo encima da mesa vencendo de forma contundente (12-1) a un rival que en ningún momento puido co ímpetu das azuis. As de Castro encarrilaron o triunfo na primeira metade marchándose ao descanso con seis goles de diferenza. Un día completo para o conxunto azul, que afrontará a última xornada da competición con moi boa nota neste exame parcial.

As pontinas saíron en tromba ao rectángulo de xogo. O 1-0 non tardaría demasiado en verse reflectido no electrónico e estableceríao Sara superando no man a man a Adriana. A partir dese momento a brecha estaba aberta e a diferenza entre ambos equipos viuse reflectida no marcador. Tres goles en dez minutos, Candela Losada, Victoria e Antía poñían ás azuis cunha vantaxe de 4 goles aos 24′ de xogo. Malia os goles, Diego Castro non estaba contento, as sensacions non eran boas, exceso de individualidades e moito afán por chegar o antes posible a portería contraria malia que as consignas eran claras, gozar da pelota e darlle un ritmo de circulación moi rápido para que o partido non se convertera nun “trámite”. Sempre intentar xogar o balón en curto ata chegar a 3/4 de campo e aí buscar a profundidade dás nosas xogadoras rápidas por banda. A primeira metade terminou con vantaxe de 6-0 con outro gol de Candela Losada e Sara.

Irene marcou seu primeiro gol da tempada.

A volta de vestuarios acurtaron a diferenza as visitantes. Idaira superaba a Aldara no 6-1 aos dous minutos de xogo ao executar un falta lonxana. Pero as azuis non se mostraban saciadas de ningunha maneira e anhelaban máis. Irene consegue o seu premio particular ao marcar o seu primeiro gol da tempada tres minutos mais tarde. A circulación do balón era rapidísima, con moi poucos toques e moita movilidade, diso aumentaron o número de chegadas e polo tanto ou número de goles ao noso favor. Entre o 60′ e o 70′ de xogo chegaron os de Xiana Carballo (2), ambos desde o bordo do área, e Sara. O aguacero ofensivo das pontinas era un suma e segue e viuse reflectido en máis goles. Sara Peleteiro marcaba en propia porta e Victoria pechaba o marcador ao rematar de primeiras un bo centro de Antía. Os tres puntos quedaban a salvo con moi bo sabor de boca pero, malia a derrota de Arousana e o descanso de Umia, as de Castro quédanse sen opcións de clasificación á fase polo título ao ter o gol-average perdido con ambos equipos.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content