3-1: A EFF Rosalía arranca a segunda volta cunha derrota

Lidia adiantou á EFF Rosalía, que plantou cara ao Pereiró mentres lle duraron os folgos.

A EFF Rosalía non conseguiu sumar no primeiro partido da segunda volta do campionato. As azuis víronse dobregadas contra o Pereiró no Monte da Mina e colócanse sextas na clasificación. As sénior saíron moi serias e  ben plantadas sobre o céspede vigués pero a pesar de marcar primeiro víronse remontadas polas locais. As xogadoras de Iván Canal plantaron un partido moi serio dende o minuto 1 o que propiciou que seu rival non atopase espazo para poder facer dano en ataque.

As azuis adiantáronse no encontro aos 5’. Avisou primeiro Zaira despois dun saque rápido de falta de Alba pero quen non perdoou foi Lidia, que firmou o 0-1 tras unha mala combinación do Pereiró no medio do campo que propiciou unha rápida e precisa triangulación por banda esquerda que a infantil Lidia, convocada ante as numerosas baixas, aproveitou para inaugurar o marcador. Gol moi temperán que facía presaxiar unha reacción inminente das locais, pero o equipo azul (onte amarelo)  seguiu na mesma liña pondo en moitos apretos as olívicas.

Remontada local na segunda metade
Nada máis comezar os segundos 45 minutos Itziar avisou que era súa noite. No 48’ a mala sorte cebouse co Rosalía, un erro na blocaxe de Rocío é aproveitado pola centrocampista local para empatar o partido. Aínda darían dous sustos as dianteiras azuis, Noui aproveita un pase en profundidade de Alba que remata por pouco fora despois de recibir unha falta. Zaira era a encargada de lanzala e o balón se estrela no longueiro da portería defendida por Ainhoa. Aínda quedaban 25 minutos de xogo pero o equipo azul xa non xeraría ningunha xogada máis de perigo.

Canal moveu xogadoras e ao instante Itziar (69’) dalle a volta ao marcador inicial cun forte disparo dende fora do área despois de desfacerse da marcaxe de Marta Vázquez.

Expulsión de Alba e puntilla final
Dous minutos máis tarde do 2-1, Alba, ao intentar sacar unha falta rápido e non deixarlle unha rival reciba un cartón amarelo por recriminar que non a deixaban sacar e inmediatamente recibe outro que provoca que teña que abandonar o terreo de xogo despois de recibir unha dobre tarxeta amarela na mesma xogada. Esta situación unida ao empuxe local non derradeiros minutos ao verse cun rival con dez, propiciou que Itziar no 89’ sentenciase o encontro a favor do segundo clasificado da 2ª división autonómica feminina galega.

Check Also

A EFF Rosalía estréase ante o seu público cun solvente triunfo

Laura e Noui puxeron os goles pontinos nun duelo no que as visitantes mereceron máis.A …

Skip to content