Canal: “Para min foi unha derrota no resultado, nada máis”

Iván Canal analizou na sala de prensa do Monte da Mina de Vigoo partido ante o Pereiró, que deu ao equipo local a victoria na xornada 16 de Liga. O técnico sinalou: “O partido foi moi disputado e con bo xogo do Rosalía, pero faltounos pegada arriba. Ainda así estou moi contento co xogo de todo o equipo”.

“Sabíamos do bo equipo o que nos enfrontábamos, un equipo candidato ao ascenso, con xogadoras moi físicas e técnicas. Fixemos todo o que puidemos”.

Baixas
“As baixas as veces inflúen pero non é unha escusa á hora de perder un partido. Fixemos un bo xogo, as rapazas esforzáronse e quédome con iso. Moi contento a pesar de perder”.

Empezar o ano con derrota
“Eu non o vexo así, o ano comeza moi ben e da mellor maneira posible. Fixemos unha gran primeira parte dominando o encontro e facendo bo xogo. Íamos gañando no descanso tras facer un desgaste colectivo moi grande, estando ordeadas e marcando o ritmo. Na segunda parte saímos igual pero custábanos mais por o cansazo e a superioridade técnica delas impúxose. Tivemos un erro de Rocío que sumado á expulsión de Alba minguounos. Elas tiraron dous tiros imparables de fora da área que non puidemos facer nada. Vin esforzo, concentración, gañas, orden, desgaste de todo o equipo, ¿qué mais podo pedir?. Para min foi unha derrota no resultado, nada máis. O ano comeza ben para o equipo”.

Próximo partido
“Agora toca seguir na mesma liña marcada e seguir facendo este xogo no seguinte partido e conseguir sacar os 3 puntos, se non se quitan e xogamos igual estarei igual de contento como se gañaramos”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content