Os goles de Sara, Daniela, Aldara (pp) e as Claudias deron a vitoria ás infantís.
A EFF Rosalía Infantil impúxose á SCD Milagrosa no Monte da Aira, no encontro correspondente á 5ª xornada da Liga Infantil feminina galega. Os goles de Sara e Daniela nos primeiros minutos deixaron o partido sentenciado para o equipo dirixido por Alba Rodríguez.
As infantís saltaron ao céspede dispostas a sentenciar o partido rapidamente e referendar as boas sensacións que está deixando o equipo nestes primeiros partidos. As azuis nin avisaron, no primeiro remate a porta Sara adiantaba á EFF Rosalía (1’). Sen tempo para recuperarse do gol recibido Daniela facía o segundo (4’), resultado, a pesar de quedar moito partido, que sentenciaba o encontro.
Gol en propia porta
As xogadoras da Alba non baixaban o pistón a pesar de non facer o seu típico xogo combinatorio no centro do campo pero súa mellor colocación non deixaba crear perigo as luguesas. No 15’ outro xarro de auga fría, Aldara Paredes marca en propia porta e aumentaba a diferencia a tres goles.
Antes do remate da primeira metade aínda habería tempo para que Claudia Castro marcara seu primeiro gol na competición e colocar o cuarto no taboleiro.
Segunda metade cun só gol
Despois dunha primeira metade con moitos goles, o duelo gañou en control no segundo tempo. Nada máis comezar o Milagrosa mételle o susto no corpo as locais, Valeria nunha moi boa estirada rexeita un tiro perigoso. A partires dese momento a defensa de tres, encabezada por unha imperial Marta Montes, freou cada intento rival de crear perigo e, en ataque, Alba moveu fichas para probar a varias xogadoras en postos menos habituais. No minuto 76, Claudia Pérez anotaba tamén su primeiro gol, remate soa ante Ainara a pesar do intento de defensa de Marta López. O gol puxo punto e final as ocasións para ambos equipos.
Con esta vitoria, as azuis suman outros tres puntos que as manteñen cuartas empatadas a puntos co Orzán antes de viaxar a Lanzada na próxima xornada para medirse ao Viajes Interrías.