Canal: O tempo non axudou nada para facer fútbol

Non me gustan as escusas, pero hoxe o tempo non axudou nada”, dixo o técnico.

Iván Canal atendeu aos medios de comunicación despois da derrota da EFF Rosalía ante a SD Noalla no campo de A Lanzada. O técnico mostrouse claro á hora de valorar o partido: “O partido foi dominado polas nosas xogadoras pero con falta de remate. Elas so dispararon tres veces a porta, un gol de falta e outro de córner pero marcaron. Tivemos o empate ao final pero Zaira soa coa porteira errou”.

“Eu xa sabía que ía ser un partido moi complicado porque teñen bo equipo e sumado ao tempo non axudou nada. Ademais son moi perigosas a balón parado, eu xa o avisei as xogadoras antes de saír. O primeiro gol de falta e imparable, foi a escadra. O Segundo foi de córner olímpico e puido facerse algo máis por evítalo, pero era tamén difícil de parar porque ía moi cerrado e colocado”.

Condicións meteorolóxicas
“Non me gusta por escusas, pero hoxe o tempo non axudou nada para facer fútbol. Elas adaptáronse mellor o tempo e gañaron merecidamente”.

Partido do Balaídos
“Esta derrota non vai afectar as rapazas. Temos que adestrar mellor, ir partido a partido coma ata gora e seguir traballando na mesma liña. Estou moi orgulloso delas, temos que seguir loitando e mellorando individual e colectivamente”.

Debut Fírvida de titular
“Firvida ten que seguir mellorando e aprendendo. O que vaia xogando ten que aprender dos erros e coller experiencia pouco a pouco.

Pola sua parte, Pedro Vera mostráves claro á hora de analizar a victoria: “Partido moi complicado, o tempo non permitía moitas cousas, era imposible xogar. Nos temos a ventaxa de coñecelo e cando é así o campo xoga moito, sobre todo cando tes o vento a favor”.

Equipos parexos
“Dous equipos moi igualados, o Rosalía ten un bo equipo que sabe xogar moi ben ao fútbol. Penso que se non houbese estado o tempo así sería moi complicado gañar, dous goles gracias ao vento e gañado o partido, pero bueno, un partido moi disputado, moi bonito e oxalá fosen todos así”.

Futuro
“Tivemos un pequeno baixón pero eu espero ir cara arriba agora, faltaron hoxe xogadoras pero o equipo vai cara arriba, vai mellorando con respecto ao ano pasado, onde na primeira volta a estas alturas levábamos 7 puntos e nesta 21, o que quere dicir que houbo unha melloría bastante grande pero esperamos poder estar ahí arriba e competir cos primeiros pero sabemos que é difícil e hai moi bos equipos”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content