6-0: O Cadete despídese en casa cunha vitoria

As de Tamayo suman tres puntos no Municipal de Oira no seu último partido en casa da tempada.

Era importante volver sumar logo de dúas xornadas e iso é o que fixo o Cadete, aínda que non puido adiantarse ata a segunda metade fronte á SCD Milagrosa. O Cadete non o tivo fácil nos primeiros 40 minutos malia gozar de varias ocasións para adiantarse e rematar índose a vestiarios con empate.

O Cadete empezou con forza, demostrando que saía a gañar e rematou ata en tres ocasiones nos primeiros 5 minutos en xogadas desde o sector dereito, onde Silvia era un puñal sobre a defensa visitante. Aroa e Nerea remataron as dúas primeiras, aínda que a máis clara chegou nunha contra veloz de Nieto e posterior chut que se atopou co longueiro (5′). Tres minutos despois, dobre ocasión tras outra internada de Silvia, o seu tiro atopa unha boa intervención de Ainara despexando a córner, que posteriormente cabeceou sen sorte a defensa. Non comezou ben a segunda parte para as de Tamayo, que desaproveitaron as suas primeiras catro ocasiones nos 10 primeiros minutos trala reanudación.

Aroa abriu o marcador tras unha boa xogada no área.

Goles
Lonxe de renderse, o Cadete púxose por diante ao bordo da hora de xogo. Aroa recibiu entre dous defensas no área, fíxose un oco, regateou a Ainara e o seu tiro terminou no fondo da rede. O árbitro decretou un tempo morto por hidratación e á volta aumentou as distancias Noa Domínguez. A defensa entra como un raio pola esquerda no área e seu chut, entre varias defensas, supera á gardameta rival. O equipo seguiu sen renunciar ao ataque logrando catro goles máis. Silvia, unha das máis destacadas, remata un tiro de Cuque ao poste no minuto 73′. Con todo, o mellor estaba por chegar con tres goles nos últimos 2 minutos de partido. Cuque, cun tiro cruzado desde o bordo do área e Claudia en dúas ocasións selaron a goleada coa que as azuis despídense do seu público como locais na campaña 2021/22.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content