Rosalía-Milagrosa: A polo segundo triunfo na segunda fase

O Cadete busca aproveitar a súa solidez en casa para sumar os tres puntos (18:00 h, Municipal de Oira).

A loita polo título da Fase consolación está na recta final e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete afronta o penúltimo compromiso nesta segunda fase da Liga Galega Cadete Feminina. Esta tarde mídese ao Milagrosa (18:00 h, Municipal de Oira), que se atopa un punto por encima das nosas. As de Tamayo queren lograr unha vitoria para despedirse do seu público esta campaña e seguir na pelexa por estar entre os tres primeiros da clasificación.

Tras vencer contra San Mateo e perder con Umia e Mos, o Cadete buscará impoñerse ao equipo lugués e dar continuidade a racha de oito encontros invicto en casa. Para iso, terá que acertar no apartado ofensivo, onde enlaza dous partidos sen marcar e aproveitar o seu bo momento como local (12 goles nos últimos 5 partidos).

As azuis venceron nos dous partidos da primeira fase.

Tamayo citou ás seguintes 16 xogadoras para o último partido da campaña como locais.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeria.
Defensas: Matilde, Lucía Pérez, Laura Añón, Aroa, Silvia, Noa González e Sofía.
Centrocampistas: Bonjoch, Sara Rodríguez, Cuquejo, Lucía Caride, Oswa e Nieto.
Dianteiras: Claudia e Nerea.

Milagrosa
O rival das nosas é terceiro con 1 vitoria, 1 empate e 1 derrota nesta segunda fase. Vén de perder en casa fronte ao líder Umia (0-4) e visita ás pontinas co obxectivo de gañar logo de dous partidos. Ambos equipos enfrontáronse o pasado 12 de marzo na xornada 16 da Primeira fase, cando Rosalía venceu por 3-0.

O partido estará dirixido polo colexiado Rubén Fernández Otero do comité ourensán de árbitros.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content