¡Campioas da Fase consolación!

Os goles de Vitoria (2), Antía, Nair (2) e Alma dan o triunfo ante o Xuventude de Crendes e certifican o título da Fase consolación.

Á Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil só valíalle o triunfo, trala vitoria de Obradoiro, para gañar a Fase consolación da Liga Galega Infantil Feminina, pero o noso equipo non coñece a autocomplacencia e conseguiu o título vencendo a Xuventude de Crendes. As de Castro asinaron un gran partido e impuxéronse ao conxunto coruñés cun doblete de Victoria na primeira metade e os tantos de Nair (2), Antía e Alma na segunda. O noso equipo certifica desta forma o seu primeiro título na categoría na última xornada.

A primeira ocasión, clarísima, chegou nun man a man de Lucía González, tras un erro de Miriam, ao que contestou Aldara cunha magnífica intervención. Minutos despois, a contestación das nosas foi en forma de gol. Victoria, cun control espectacular, deixa atrás a dúas xogadoras rivais para definir por arriba ante a saída de Mara (0-1, minuto 13′). O Infantil tiña as ideas claras, circulando o balón con criterio e velocidade. Na seguinte xogada, despois dun barullo no área á saida dun corner, outra vez Victoria exercía de ‘nove’ para por a punta do pé e subir o 0-2 ao marcador con 20′ minutos do partido transcurridos. O partido estaba de cara pero non comezón ben a segunda metade para as de Castro, que recibían un gol aos oito minutos da reanudación nun boa xogada individual de Lucía González. Lonxe de conformarse, o Infantil aumentaba a distancia novamente 4 minutos despois. Rubricouno Antía cun disparo de falta que entrou por toda a escadra da portería do Crendes (1-3, minuto 52′). O gol sería un punto de inflexión no partido ao desmoralizar ás locais. Nair, tras unha boa xogada de ataque colectiva poñía de face o encontro cun gol desde o bordo do área coa dereita, raso e colocado. Na seguinte xogada recortaron distancias as locais, nada máis sacar de centro. Sara Martínez sorprendía a Aldara á saída de córner.

Nair, autora de 2 goles, felicitada por Xiana, Antía e Candea Losada.

Catro minutos despois chegou a sentenza por parte do noso equipo. A xogada chegou desde banda dereita e terminou cun remate de cabeza de Alma, que non atopou resposta por parte da guardameta local. Na seguinte xogada, Nair ampliou a súa conta particular tras plantarse cara a cara con Mara e rematar o balón ao fondo das rede, 2-6 a falta de 11 minutos. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía xa é campioa da Fase consolación da Liga Galega Infantil Feminina 2021/22.

Castro, moi feliz ao termino sinalou que “A actitude, comportamento e traballo deste equipo é espectacular. Estou seguro que lle darán moitas alegrías ao Rosalía durante moitos anos. Remato moi orgulloso de todas elas”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content