6-0: Vitoria ante Chantada no cuarto partido de pretempada

A EFF Rosalía venceu no Municipal de Oira grazas aos goles de Feijóo (2), Laura, Victoria e Noa (2).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía abriu da mellor maneira os seus dous partidos consecutivos no Municipal de Oira. O noso equipo venceu á SD Chantada no primeiro partido, que se disputou na serán de onte. Feijóo, con dous golazos, puxo o 2-0 e Victoria, Laura e o dobrete de Noa selaron a vitoria na segunda metade. Tras este triunfo, as de Tobaruela continuan os seus amigables de pretempada e no próximo encontro recibirán a outro equipo da súa categoría: Viaxes Interrías no Municipal de Oira mañá 4 de setembro.

Partido controlado polas pontinas ante un rival ben plantado nos primeiros minutos e cunha idea de xogo durante todo o partido, sacar o balón xogado. A EFF Rosalía estivo a piques de adiantarse ao cuarto de hora do asubío inicial. Xogada individual desde o centro do campo de Feijóo e o seu tiro desde o bordo da área rexéitao a córner Carla nunha boa intervención. Un minuto despois, pase en profundidade de Aldarita a Candela, que meteu un centro desde o perfil dereito para que Noui rematase pero Carla despexa novamente. A réplica de Chantada non se fixo esperar e Ángeles remata de cabeza un córner botado por Mariam, o seu tiro vaise fora por pouco (23′).

Golazos de Feijóo
Rosalía seguiu creando perigo e a punto estivo de adiantarse nun chute de Noui que Carla rexeita e saca na liña de gol nunha segunda intervención (37′). Tres minutos despois, Bonjoch recupera na medular, xoga con Feijóo, que sorprende á gardameta visitante cun tiro desde 30 metros para adiantar ás azuis. Co tempo a piques de cumprirse, Zaira triangula con Feijóo e o remate da defensa desde fóra da área pega no poste e entra ante a estirada coa que nada puido facer Carla.

O primeiro gol de Feijóo levaba dedicación especial.

Tras o paso polos vestiarios, as pontinas deron un paso adiante xogando con defensa de tres e adiantando liñas. Volveu tentalo Candela cunha boa xogada individual por banda e tiro afastado que se escapa por pouco. Pouco faltou para que Eva recortase distancias aproveitando un erro de Laura na saída de balón, en cambio, no minuto 59′, un contragolpe de Candela pola dereita remátao a gol Victoria (3-0). O noso equipo sentía cómodo sobre o terreo de xogo e non tardaron en chegar máis ocasións de gol. Cinco minutos despois Laura aumenta a vantaxe tras aproveitar un barullo na área pequena á saída dun córner botado por Zaira.

Noa certifica a vitoria
A partir do minuto 70, Tobaruela deu entrada ás xogadoras máis novo que a pasada campaña militaron no Cadete. Os cambios non diminuíron a posta en escena do noso equipo, que asinou o quinto tanto do partido (77′). Combinación no ataque entre Noui e Noa. A dianteira centrou ao bordo da área para que a defensa colocase o balón en toda a escuadra. A tres minutos do asubío final, outra combinación entre Matilde e Sara Rodríguez remátaa Noa onde nada pode facer a meta rival (6-0). O marcador non se moveu e a Escola de Fútbol Feminina Rosalía sumou un bo triunfo fronte a Chantada antes da visita de mañá de Interrías ‘B’.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content