Rosalía-InterRías ‘B’: segundo amigable seguido no Municipal de Oira

As xogadoras de Tobaruela queren prolongar o seu pleno de vitorias nesta pretemporada en casa (18:00 h).

Dous días despois de vencer ao Chantada, a Escola de Fútbol Feminina Rosalía repite amigable en Ponte Canedo. As de Pere Tobaruela afrontan o seu quinto partido de preparación, esta vez contra o Viajes InterRías Fútbol Feminino ‘B’ e no Municipal de Oira (18:00 h).

Rosalía-InterRías ‘B’: segundo amigable seguido na Ponte

O obxectivo do equipo é prolongar o pleno de triunfos que leva na pretemporada en casa tras derrotar a Milagrosa (9-1) e Chantada (6-0), ademais de seguir compactando un equipo con moitas novidades con respecto á pasada campaña. A EFF Rosalía marcou 15 tantos ata a data (todos eles na casa) e Vicky e Laura viron porta nos dous partidos disputados na Ponte. O Viajes InterRías chega á cita tras encaixar unha derrota contra ao Boiro (1-3) no sea único amigable ata o de agora.

O equipo lilaino disputou a pasada campaña e o Grupo V da 2ª División Autonómica Feminina, alcanzando o quinto posto na táboa clasificatoria a tres puntos do acceso aos playoffs de ascenso. A súa xogadora máis perigosa será Irene Pesqueira, máxima goleadora a pasada campaña do equipo con 17 dianas en 19 partidos.

Tobaruela citou a 16 xogadoras para esta tarde, sendo baixa Valeira e Silvia Sampayo con respecto ao partido do venres.

CONVOCATORIA EFF ROSALIA
Porteira: Rocío.
Defensas: Matilde, Sabela, Laura, Noa, Feijóo e Lucía Pérez.
Centrocampistas: Sara Rodríguez, Candela, Aroa, Aldarita e Bonjoch.
Dianteiras: Silvia Chao, Zaira, Noui e Vicky.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content