Tobaruela: “Os resultados non contan na pretempada, estou convencido diso”

“Outra cousa é que ás xogadoras lles guste máis gañar que perder. Iso, en certa maneira, é lóxico”, añadiu o adestrador.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do Municipal de Oira ao remate do primeiro dos dous amigables consecutivos en casa (domingo, 18:00 h, vs Interrías ‘B’). O técnico azul analizou o encontro ante o Chantada que acababa de terminar: “Seguimos na liña que nos marcamos ao principio da pretempada: acumular traballo en todos os sentidos: técnico-táctico, físico e psicolóxico”.

“Este partido contra o Chantada foi un máis deste periodo de preparación e seguimos co guión marcado. Hai conceptos que se están consolidando e outros que aínda non. Facemos cousas ben e outras non. Trátase de axustar, de correxir erros, de mellorar en equipo, de seguir traballando en definitiva”.

Adaptación do equipo
“Xa dixen que ao comezo da pretempada que as xogadoras son moi novas e iso, precisamente, permite que a súa capacidade de adaptación sexa maior. Empeza a notarse o traballo do club, no sentido da formación: ao equipo sénior xa chegan bastantes xogadoras ben traballadas previamente. E iso xa de por si é un éxito, o faro que guía á Escola de Fútbol Feminino Rosalía. Temos bos vímbios”.

“Esta liña de traballo é un investimento a medio prazo”

Pere Tobaruela, adestrador EFF Rosalía

Segunda vitoria na pretempada
“Os resultados non contan na pretempada, estou convencido diso, polo menos para min. Outra cousa é que ás xogadoras lles guste máis gañar que perder. Iso, en certa maneira, é lóxico. Pero eu vou facer as probas que faga falta máis alá de calquera resultado. A pretempada está para iso. E para min esta liña de traballo é un investimento a medio prazo”.

Debut de Sara
“Non me gusta falar dunha xogadora de maneira individual, así que direi que estou contento de todas elas, e non o digo por dicir. As recén incorporadas están afrontando con naturalidade unha situación nova, están asumindo rols diferentes sen ningún complexo”.

Rival do domingo
“Este domingo xogamos contra o Interrías B, un equipo da nosa categoría. Imos seguir co mesmo patrón de traballo e seguir medrando a base de experiencia. Probaremos, repetiremos, insistiremos nos conceptos que estamos traballando”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content