Un im(posible) como reto para seguir coa escalada

O Cadete visita ao mellor equipo en casa no partido correspondente á 13ª xornada da Liga Galega Cadete.

¿O máis difícil todavía?. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía viaxa este fin de semana ao Concello de Mos para enfrontarse este sábado (16:00h, As Baloutas) ao equipo con mellor balance en casa, a UD Mos. A empresa é unha das máis esixentes da tempada, pero chega nun momento agridoce para as azuis, quen veñen de vencer en Liga a Caldas nun mal partido.

O cadro amarelo só se deixou un punto no camiño en casa (xornada 5, 2-2 fronte ao líder Orzán) e chega tras vencer goleando a San Mateo no seu último partido nas Baloutas. As de Sobrino son conscientes da dificultade, pero aspiran a plantar cara e seguir coa boa imaxe mostrada nas primeiras semanas do ano.

O conxunto pontino non poderá contar con Oswa, Nerea e Lucía Nogueiras, mentres que ‘Cuque‘ aínda non está dispoñible para o técnico azul. Si estará na convocatoria Laura Añón despois de recuperarse da lesión que a tivo varias xornadas lexos dos terreos de xogo.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Sara Bonjoch, Sofía, Silvia, Laura Añón, Matilde, Miriam e Aroa.
Centrocampistas: Ester, Noa González, Lucía Caride, Candela Bouzas e Nair.
Dianteiras: Claudia e Victoria.

Nair entra na convocatoria do Cadete por primeira vez.

Partido complicado, tal como Indica o técnico: “visitamos a un rival moi duro que o esta facendo moi ben e ten varias xogadoras que fan un gran papel co seu equipo sénior, pero ningún partido desta liga é im(posible)”

Rival
A UD Mos, cuxa base está formada polas xogadoras do filial que a semana pasada venceron ao Sénior no Municipal de Oira, chega ao partido cun balance de 4 vitorias, un empate e cero derrotas nos cinco partidos como local. A súa xogadora máis perigosa é Sara Cuiñas, autora de 12 goles en 9 partidos, dos cales 5 foron nas Baloutas. Na ida, as moenses venceron 1-2 con goles de Marta e a destacada Sara.

O encontro será dirixido pola colexiado Alejandro Vieitez Blanco, do comité vigués.

Check Also

Derrota pola mínima antes do parón

Un gol de Sofía Miguens ao comezo da partido trunco as opcións dun Cadete que …

Skip to content