Vencer ao Tomiño para pechar a 1ª fase como local

As azuis, tras vencer a semana pasada en Valladares, buscan impoñerse ao Tomiño o domingo cun triunfo no seu último partido como local da 1ª fase.

As infantís poden pechar o domingo a primeira fase como locais con bo sabor de boca si son capaces de bater ao Tomiño no Municipal de Oira. O choque, a partir das 12:00 horas, ten que servir ás azuis para facer provisión de tres novos puntos e seguir mantendo opcións matemáticas de meterse na fase polo título. Iso si, o equipo chega coa mellor inercia tras conseguir de forma solvente vencer na anterior xornada de liga ao Valladares no seu feudo. Así, as de Castro darían por finalizado un comezo de mes redondo en canto a resultados e sensacións.

En fronte estará un Tomiño que gañou un dos seus últimos cinco partidos. Precisamente, o último antecedente (xornada 6) a domicilio fala dunha vitoria con moitos goles no que as azuis tiveron que remontar o gol inicial das bermellas aos dous minutos de xogo. O choque de ida esta campaña saldouse en O Alivio por 3-8 grazas aos goles de Antía (4), Ainara (2), Sara e Nair. O cadro tomiñés chega mañá como sexto clasificado con tan só 3 puntos mentres que as pontinas, quintas, non queren afastarse demasiado dunha cuarta praza que agora está a cinco.

Trátase do primeiro choque do ano en Liga como locais. O balance en casa para o Infantil sáldase con 5 triunfos, 2 empates e 1 derrota. As pontinas non queren deixarse puntos no seu territorio e buscarán a primeira vitoria do 2022 diante do seu público. Unha pechadura inmellorable da primeira fase como locais.

Castro recupera efectivos para o partido do domingo.

Diego Castro recupera a Noa Sanz e Candela Losada, a defensa e a dianteira forman parte da convocatoria de 16 xogadoras do técnico para o domingo.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Aline, Aitana, Ainara, Miriam, Noa Sanz e Lucía Novoa.
Centrocampistas: Xiana Carballo, Sara, Nair, Alma,
Dianteiras: Candela Losada, Antía, Victoria, Zaira e Irene.

O técnico mostrase confiado en “continuar coas boas sensacións do partido pasado para viaxar a Mos na última xornada con opcións de clasificación”.

O choque dará comezo o domingo ás 12:00 horas baixo a dirección do colexiado Adrián González Rey, do comité ourensán.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content