Saa: “As xogadoras, evidentemente, están fodidas pola derrota”

O bo de ésto é que en sete días tes outra oportunidade para resarcirse”, declarou o técnico catalán.

Miguel Saa compareceu nunha roda de prensa telemática na sé do club o día previo ao último adestramento previo ao partido contra o Valladares. O catalán analizou o encontro da xornada 15 de Liga, que se xogará na Gándara (domingo, 19:00 horas): “Logo da derrota contra Mos ‘B’, o bo de ésto é que en sete días tes outra oportunidade para resarcirse e ao final, hai que ser conscientes de que no deporte para que un equipo gañe, outro ten que perder e poucas veces se para un a pensar niso cando se gaña”.

“As xogadoras, evidentemente, están fodidas pola derrota, pero o importante é que están adestrando ben e hai que facilitar que estean centradas na parte deportiva e poidan traballar tranquilamente”.

Rival
“O Valladares xa o dixemos na ida, é un histórico do fútbol feminino e sempre debe ser un espello no que mirarse. En Oira xogaron moi ben e causáronnos moitas dificultades no segundo tempo”.

Importante volver sumar puntos
“Non, si referímosnos/referímonos a puntos. Impórtame moito máis que a suma sexa de experiencias futbolísticas que nos permitan crecer como xogadoras e como equipo e iso é o que fará chegar sos os resultados”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content