Bota a andar o curso 22/23 da Escola de Fútbol no CEIP A Ponte

O presidente, Mario Gómez, ‘Yuse’ Vazquez como vicepresidente e Javier Alonso, como monitor da escola, déronse cita cos máis novos no colexio o primeiro día do curso para a presentación.

Na tarde do xoves 6 de outubro tivo lugar, na cancha exterior do CEIP A Ponche, o acto de presentación do nuevo curso 22/23 da Escola de Fútbol da EFF Rosalía en colaboración coa ANPA da Ponte. Por primeira vez a nosa Escola faise cargo da actividade extraescolar de fútbol nun centro escolar e ningún mellor para comezar que o do noso barrio.

A cita, que arrincou ás 17.00 horas, contou coa presenza de todos os alumnos acompañados das sus familias, o presidente do club, Mario Gómez, o monitor da Escola, Javier Alonso e o vicepresidente, ‘Yuse‘ Vázquez.

Desta maneira deuse o pistoletazo de saída á volta aos adestramentos dos máis pequenos tras un longo período de espera ocasionado polo covid-19, podendo inmortalizar o momento cunha foto cos que serán os seus compañeiros e o adestrador. Os adestramentos son cada semana nas instalacións do Colexio de Ensino Primario da Ponte, con novos futbolistas con idades comprendidas entre os anos 2017 e 2011.

Javier cos seus alumnos no primeiro adestramento.

No dito acto, o presidente Mario Gómez tomou a palabra para explicar o desenvolvemento da actividade: “Buscamos iniciar aos nenos/as do colexio no mundo do fútbol da maneira máis lúdica posible. Despois do parón nas actividades do centro ocasionado polo covid19, quixemos retomar a actividade dunha maneira gradual e ante todo lúdica”. Ademais, explicou en que consiste o convenio entre a Escola de Fútbol Feminina Rosalía e a ANPA do CEIP A Ponte: “Para nós os nenos/as do colexio da Ponte son considerados como membros da familia da EFF Rosalía, si ben é certo que non compiten esta tempada, a nivel club terán o mesmo trato, as mesmas vantaxes, promocións, etc… Inda e pronto para pensar nesto, pero ogallá a medio prazo poida sair da actividade na Ponte unha futura Rosalía”.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content