A EFF Rosalía colabora un ano máis coa ‘Operación Quilo’

O noso club colabora na recollida de alimentos, xoguetes e roupa organizada por Amencer un ano máis.

Do mesmo xeito que nos últimos anos, a Escola de Fútbol Feminino Rosalía, colaborará na recollida de alimentos, roupa e xoguetes da campaña solidaria ‘Operación Quilo’ organizada pola Asociación Xuvenil Amencer. Iniciativa que cumpre este ano as 38 edicións e que o pasado nadal recolleu case 8 toneladas de alimentos, máis de 7 de roupa e 5.600 quilos de xoguetes.

Amencer e Cáritas presentaron no día de onte a campaña coa colocación de 1.000 carteis en escaparates de establecementos e repartiranse 15.000 folletos nas caixas de correos.

Ata o 20 de decembro, todos os interesados poderán achegar alimentos non perecedoiros na nosa oficina na rúa San Payo e nos partidos que os nosos equipos disputarán como locais no Municipal de Oira, comezando polo de mañá sábado do noso Infantil ás 18.00 horas.

Check Also

Convivencia de fútbol San Cibrao das Viñas

Nosos alumnos da escola do CEIP A Ponte estarán presentes na primeira Convivencia de fútbol …

Ir o contido