Convenio de colaboración con Clube Deportivo Velle

Na mediodía do domingo nas oficinas do Monte da Aira de Velle formalizouse a firma dun convenio de colaboración entre o noso clube e CD Velle.

Dende a nosa chegada ó Monte da Aira a principios do pasado mes de setembro, a nosa sintonía e adaptación as instalacións e o día a día de convivencia co citado clube sempre foi excelente, por iso que o acordo foi fácil de acadar.

No citado convenio os obxectivos que se buscan é a de promocionar as actividades de cada clube e darlle unha saida as xogadoras que CD Velle teñen en varias das súas categorías. Ademáis con este acordo búscase o poder colaborar ambos clubes en actividades en común que poidan beneficiar as particularidades de cada clube.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content