Chegado ó ecuador das competicións na nosa primeira tempada como clube se algo temos claro é que a demanda de fútbol femenino na nosa provincia é moito máis alta do que a xente pensa. A 7 de xullo, casi sen tempo para organizarnos, tomouse a decisión amistosa por ambas partes de separar o noso camiño da AD Bosco e establecernos como clube.
Non era unha decisión sinxela, pero a nosa idea principal era a de ter dous equipos, un na Liga Promesas e outro na Liga de fútbol 7 de Vigo.
A mediados de agosto saltou unha nova lebre, a desaparición da UD Ourense Feminina. Truncábasenos así a aspiración principal ca que nacera este proxecto, a de ter un conxunto feminino de referencia para poder enfocar as nosas xogadoras. Dous días de auténtica locura para decidir si crear equipo senior ou non… decidimos que si, tocaba crear un equipo de fútbol 11 en 12 días, inda que do desaparecido clube solo chegaron dúas xogadoras (Zaira e Andrea).
Comezou setembro e comezou o equipo promesas a adestrar… nova sorpresa, o número de xogadoras que comezou a chegar era tan elevado que tivemos que facer dous equipos. Todo un orgullo para nós na nosa primeira tempada poder contar con 49 xogadoras con licencia a día de hoxe.
A valoración deportiva, a nós como directiva non nos pertence facela. O noso obxectivo deportivo xa se cumpre cada vez que vemos un equipo do Rosalía competir e desfrutar do fútbol… pero o fútbol é competición e esa parte competitiva consideramos que a temos nas mellores mans, por eso pedímoslle a cada un dos nosos adestradores que fixeran unha valoración desta primeira volta que ven de rematar.
EQUIPO SENIOR
Deixámosvos ca valoración do seu adestrador Alonso Méndez
A valoración desta primeira volta é moi boa. Ca sensación de que a progresión a nivel individual e grupal vai na dirección que nos vai permitir seguir medrando a nivel competitivo e sobre todo de disfrutar máis da competición nesta segunda volta.
O nivel competición atopamos rivales cunha superioridade máis que notable a nivel individual, pero que soupemos contrarrestar con outros mecanismos máis a nivel colectivo. Non me cabe a menor das dúbidas que algún susto ós de arriba lles imos dar.
Por parte do corpo técnico mostrar o orgullo do compromiso demostrado polas nosas xogadoras e a maneira de entender o fútbol que nos permite seguir ilusionados con facer grandes cousas no futuro.
PROMESAS “A”
Esta é a valoración que nos deixa da primeira volta a súa adestradora Alba Rodríguez
PROMESAS “B”
Valoración do míster Juanma Bello
Chegados ó ecuador desta competición da liga gallega promesas feminina na que tanto xogadoras como eu mesmo somos novatos podo dicir que estamos superando as expectativas iniciais con creces, cun balance de duas victorias e cinco derrotas e o que é máis positivo encaixando moi poucos goles.
Para a segunda volta espero que sigamos na mesma línea de divertirse e aprender partido a partido para chegar ó final da liga con boas sensacións e sobre todo con moitas gañas de mellorar, si é así, seguro que se reflexará con resultados positivos como ata o de agora.