Previa das promesas: domingo de festa no Monte da Aira

Chega o derbi ourensán na Liga Galega Promesas, por segunda vez dous equipos ourensáns disputan un partido oficial de fútbol base feminino, esta vez con algo máis que tres puntos en xogo.

A batalla está servida…

O promesas “A” de Alba Rodríguez está a un só punto de acadar o título do grupo sur na recién estreada categoría. Está claro que os novos obxectivos deste equipo pasan primeiro por recuperar á lesionada Cuquejo e despois en preparar as concentracións da fase final que as enfrontarán cos sete mellores equipos da categoría (xuntando os grupos norte e sur) polo título final.

Por outra banda o equipo “B” de Juanma Bello, que desta vez xoga como local lucindo a cor azul que nos caracteriza, leva unha progresión moi boa e ten perfilado un equipo que é capaz de competir con calqueira equipo da categoría, como demostrou nas dúas derradeiras remontadas en Barrantes contra o Umia e no Monte da Aira contra o Valladares.

A falta de partido nas senior, as promesas protagonizan o cartaz desta semana

Seguro que todos os que se despracen ata o Monte da Aira desfrutarán dunha festa do fútbol feminino, o cal na nosa cidade inda está en pañais, pero que co mimo e cariño que lle estamos dar e a entrega e traballo que están a demostrar todas e cada unha das nosas xogadoras, estamos seguros de que o futuro é moi alentador.

A desfrutar xogando!!!

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content