A EFF Rosalía volve á liga en Ponteareas

O noso equipo, que regresa á competición tras o nadal, busca o liderado en O Cruceiro (16:00 h; Domingo).

Volve a liga. A Escola de Fútbol Feminina Rosalía regresa o campionato 20 días despois de gañar ao Porriño no Municipal de Oira e visita o campo de O Cruceiro para enfrontarse ao San Mateo na xornada 11 (16:00 h; domingo). As de Tobaruela renovan así o pulso polo liderado da competición que manteñen co Lóstrego ‘B’.

Unha vitoria do noso equipo devolveríalle todo o máis alto da clasificación, a falta do resultado do conxunto gondomarés no partido de mañá fronte ao Arenteiro. O de Ponteareas será o primeiro partido do ano para arrincar 2023 cun esixente mes de xaneiro no que a EFF Rosalía disputará os dous derbis, o ourensán e o da A-52.

“Respetando que o rival poda poner as cousas difíciles, elas van ter que currar moitísimo se queren gañárnos”, sinalou Tobaruela na conferencia de prensa previa ao encontro. O técnico catalán, en busca da novena vitoria na liga, citou a todas as futbolistas que ten dispoñibles. Para logralo, o noso equipo tratará de dar continuidade ao acerto goleador que lle permitiu ver porta en todos os partidos oficiais disputados esta tempada, menos un. Así as cousas, as pontinas terán que pelexar ao 100% ata o último segundo do partido fronte a un rival que seguro se mostrará combatido no seu feudo. De feito, o último duelo entre ambos conxuntos en Ponteareas resultou bastante intenso e acabou con vitoria das nosas en novembro de 2021, cun Rosalía que se adiantou moi pronto mercé a un gol de Zaira e que non se resolveu ata a segunda metade.

Para este encontro e como adiantou o técnico pontino na súa intervención, o primeiro equipo feminino non poderá contar con Silvia Sampayo e Candela, que están enfermas, causando baixa para este encontro e pendentes de evolución. Ademais, úneselle a ausencia de Aroa. No lado positivo, destaca o regreso de Matilde e de Valeria tras non estar na última convocatoria do ano 2022. Así, a lista completa fórmana:

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Valeria.
Defensas: Laura, Matilde, Lú, Feijóo, Sabela, Yadira e Noa.
Centrocampistas: Fara, Aldarita, Bonjoch e Ester.
Dianteiras: Zaira, Vicky e Noui.

San Mateo sempre foi un rival duro para as nosas.

O rival
En fronte estará o San Mateo, que chegou ao parón por nadal na 4.ª posición da Liga cun balance de 5 vitorias, 3 empates e 1 derrota. Dous deses triunfos conseguíronos nun campo de O Outeiro no que non coñecen a derrota e encadean dous empates. María Estévez é, con 12 goles, a máxima goleadora do equipo ponteareán, pero non será o único perigo cara a área de Rocío, xa que as ‘laranxas’ contan con tres xogadoras entre as 5 máxima goleadoras da categoría. Carolina e Pilar, acompañan nese ‘Top-5’ a María, con 10 e 9 dianas respectivamente.

O encontro da undécima xornada da liga Autonómica Feminina dará comezo ás 16.00 horas deste domingo no campo de fútbol de O Cruceiro, coa arbitraxe do colexiado Jorge Juan García Rodríguez.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content