María asinou o empate antes do descanso, pero as pontinas non se levaron os tres puntos en Oira.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía caeu fronte ao Sporting Club San Mateo na 17ª xornada da Liga Galega Cadete nun partido moi competido, condicionado desde o inicio pola lesión de Xiana e decidido pola eficacia visitante nas áreas. O conxunto pontino reaccionou con carácter ao 0-1 inicial, logrou igualar o encontro no tempo engadido da primeira metade e empuxou durante moito minutos, pero terminou cedendo ante un rival que aproveitou mellor as súas ocasións para levarse o triunfo por 1-3.
O encontro torceuse moi pronto para as ‘azuis’. No minuto 1′, Xiana tivo que abandonar o terreo de xogo por lesión e pouco despois chegaron os primeiros avisos do San Mateo. Noa sostivo ao equipo cunha gran intervención no 3’ e volveu aparecer no 13’ para evitar o segundo cunha parada de moito mérito a Sabela Mo. Con todo, no sete de xogo, Sabela Mo interceptou un mal pase en defensa, encarou portería e non perdoou no man a man para adiantar ás visitantes. A partir de aí, as pontinas deron un paso á fronte e comezaron a instalarse en campo rival. Antía tentouno tras un córner e María Sofía probou sorte desde a frontal, mentres o San Mateo seguía xerando perigo ao espazo. Cando o descanso parecía chegar con desvantaxe, Alma puxo un gran centro desde a dereita e María apareceu na área pequena para asinar o 1-1 no engadido do primeiro tempo.
Golpes demasiado duros tras o descanso
A segunda metade comezou cun novo revés para nos cadete. Un penalti sobre Uxía de Victoria permitiu ao San Mateo volver poñerse por diante nos primeiros compases do segundo acto. O equipo non deixou de competir e buscou de novo meterse no partido, pero Noa tivo que intervir outra vez cunha boa estirada ao borde da hora de xogo para manter con vida ás súas. Apenas uns minutos despois, a presión alta de Sabela Mo terminou en recuperación dentro da área e no 1-3, un castigo excesivo para o que se estaba vendo sobre o céspede. No tramo final, o conxunto de Javier Alonso seguiu pelexando, aínda que o marcador xa non se moveu.
Pesar ao resultado, o conxunto cadete da Escola de Fútbol Feminino Rosalía deixou unha boa imaxe competitiva, soubo repoñerse ao golpe inicial e atopou premio xusto antes do descanso. Faltoulle acerto para soster o empate na continuación, pero mostrou personalidade, capacidade de reacción e ambición ante un rival eficaz.
FICHA TÉCNICA
1-Rosalía: Noa, Sabela Gómez, Antía, Claudia, Alma, Ainhoa, Candela, Irene, Cayetana, Xiana e Victoria. Tamén xogaron: Mª Sofía, Elena, Sofía, Lucía Carral e María.
3-San Mateo: Cecilia, Carla, Iria, Sabela Mo, Anxa, Noa, Aintzane, Laura, Sofía, Yaiza e Uxía. Tamén xogaron: Alba, Noelia, Sara e Ruth.
Goles:
0-1 (minuto 7) Sabela Mo
1-1 (minuto 40+1) María
1-2 (minuto 47) Anxa (p)
1-3 (minuto 71) Sabela Mo
Tarxetas
Victoria (minuto 46 e 71) Amarela




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino