A Liga volve ao Municipal de Oira

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía recibe no Municipal de Oira ao San Mateo na primeira xornada da 2ª volta da competición (12:00h; domingo)

Mañá domingo o Municipal de Oira dá a benvida a 2022 despois do “desterro” da pasada semana en Paderne de Allariz. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfrontarase ao Sporting Club San Mateo na decimosegunda xornada de Liga (12:00 h), no que será o primeiro partido da segunda volta da competición. Será unha nova oportunidade para manter a boa sintonía de resultados como locais. Para iso, terán que impoñerse ao San Mateo que chega a Oira trala xornada de descanso. O conxunto ponteareán está en busca da regularidade e así meterse na loita polos postos que dan opción de xogar os playoffs de ascenso.

Pola súa banda, as pontinas queren deixar atrás a primeira volta e comezar a acumular puntos na segunda. Miguel Saa comentou a pasada semana que estaba preocupado por cando se disputaría o partido adiado fronte ao Porriño e así coñecer a situación de todos os equipos que loitan polos catro primeiros postos. De feito, o San Mateo, situado a 4 puntos é o único que podería poñer en perigo un deses postos. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía non quere caer na confianza e buscará sobre a alfombra de Oira levar o control do xogo e do partido.

As estatísticas sorrín ás de Saa que non caeron nunca contra o equipo ponteareán en casa. A última vitoria remóntase á campaña 2019-20, triunfo por 3-2 grazas aos goles de Zaira, Ainara e Silvia. O ano pasado, o encontro da 1ª volta, acabou con vitoria nosa (0-3), nun duelo que se decidiu na primeira metade. As azuis queren ofrecer á afección un bo partido e conseguir os tres puntos, para así viaxar a San Pedro e medirse ao Vilariño con moita moral na maleta.

“Creo que se nos pode volver facer longo o partido, como a semana pasada”, dixo Saa na roda de prensa previa. Ás baixas do equipo por longa recuperación súmase a de Isis, por segunda semana consecutiva. Si forma parte da convocatoria Zaira, segunda máxima goleadora das pontinas con 8 goles, que ademais se enfronta a un equipo ao que marcou 5 tantos no campionato.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Bea, Paqui y Sabela.
Centrocampistas: Noa Fírvida, Aldarita, Ainara, María, Patricia, Lidia, Aida, Fara e Sara Rodríguez.
Dianteiras: Zaira, Noui e Ana.

O rival
O San Mateo chega á cita tras non disputar partido a semana pasada ao ter xornada de descanso. As de Xosé Manuel Vaqueiro suman seis triunfos e catro derrotas en Liga e están loitando polos postos que dan acceso aos playoffs. O seu perigo arriba pasa por María Estévez, que leva oito goles. As últimas catro visitas do seu equipo a domicilio en Liga saldáronse con tres vitorias e unha derrota.

O partido estará dirixido polo colexiado José Manuel Pérez Argos do Comité Técnico de Árbitros de Ourense. Non haberá televisión, aínda que toda a información do encontro poderase coñecer na crónica dos medios oficiais da EFF Rosalía.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content