Saa: “Ao equipo só se lle pode aplaudir”

“Realizaron unha gran semana de entrenos cunha carga de traballo moi alta á que responderon de maneira moi satisfactoria”, indicou o técnico.

Saa pensativo xunto a Sobrino e Jonny no banquillo.

Miguel Saa compareceu na sala de prensa do Municipal de Oira e analizou a vitoria da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía fronte ao San Mateo: “Foi un partido bastante trabado, no que o ritmo foi lento e ningún dos dous equipos conseguiu impoñer o seu xogo. Nós, cun plus de calidade, conseguimos levarnos os tres puntos sen perigar en ningún momento o resultado”.

“Non considero que tampouco tivesen moita máis posesión, pero aínda así os momentos que non tiñamos a pelota soubemos traballar sen balón e saír ao contrataque”.

Goles
“O segundo non é tan fortuíto. Ana traballa a acción ata o final e provoca a saída forzada da porteira. Pero aínda así o seu gol tamén é unha acción algo fortuita”.

Oira é un fortín
“Si é certo que nos gusta xogar en Oira, pero hoxe non foi o día que máis fixemos valer o factor campo. Aínda así, ao min sempre me gusta que o meu equipo xogue no Municipal de Oira”.

Resultado
“O resultado podería ser máis avultado aínda que tampouco é o día que máis ocasións xerásemos, pero tamén é de xustiza dicir que se o resultado tivese 2-3 goles máis, non se podería dicir nada”.

Lidia
“A pesar de xogar o partido completo o día anterior, hoxe no minuto 90 seguía subindo e baixando a banda, o cal marca que está a traballar ben. Tamén Sara e Aldarita dobraron e xogaron dous moi bos partidos”.

Equipo
“Ao equipo só se lle pode aplaudir, realizaron unha gran semana de entrenos cunha carga de traballo moi alta á que responderon de maneira moi satisfactoria e, a pesar diso, con tres xogadoras que dobraron senior-cadete, non sufriron para gañar o partido e deixar os tres puntos en casa. Esperemos que as próximas semanas as pernas déannos para un pouco máis, pero estamos moi orgullosos de todas nosas xogadoras”.

Vaquerio e Barros durante un lance do encontro.

Xose Manoel Vaquerio analizou a derrota do San Mateo, no partido correspondente á xornada 12 de Liga: “O partido foi igualado no primeiro tempo. O que pasou é que encaixamos dous goles, quizais máis por mala sorte que froito do xogo do rival. No segundo tempo, seguramente o aspecto físico pásonos factura porque aguantar noventa minutos defendendo e sendo equilibradas cústanos bastante. A partir do terceiro gol o partido estaba decantado e aí demos un paso adiante para tentar igualalo pero non fomos capaces. A superioridade do, seguramente mellor equipo da liga para a min, impúxose.

Goles
“A sorte ás veces tamén xoga o seu papel. O partido estaba igualado pero o resultado di outra cousa. Nós tivemos que arriscar porque o resultado non nos valía e se temas a buscar un resultado favorable, deixas máis espazos atrás e buscas unhas mellores saídas en longo e velocidade, desprotexéndote un pouco sumando máis xogadoras arriba e ao final recibimos os goles e a sentenza do partido”.

Plantexamento
“A idea era, despois do partido da primeira volta en casa onde as extremos creáronnos moito perigo nos primeiros minutos tendo moitas ocasións nos primeiros 15 minutos, quitándonos o balón sen deixarnos xogar, protexernos un pouco e cando recuperásemos tentar ter o balón ao ser un campo grande onde hai moitos espazos e pódese xogar e despois en tres cuartos de campo ser verticais para crear ocasións. De feito creámolas pero as finalizacións non foron boas. Esa superioridade non se viu reflectida no resultado. Depois un balón parado que metemos en propia meta e un balón longo que entra de rebote, condicionan o plantexamento”.

Equipo
“Hoxe remato moi contento porque nós buscamos un proxecto a medio plazo. É certo que temos o obxectivo de meternos no playoff de ascenso pero, normalmente nos partidos, non imos buscando o resultado, tamén nos gusta ganar e é un proceso. Remos moitas xogadoras novas este ano, algunas cadetes e seguir traballando cara o futuro pero co obxectivo de meternos no playoff e intentar quitarlle o posto a algún dos de arriba”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content