A Escola de Fútbol Feminina Rosalía visita ao Arenero na 25.ª xornada da liga (20.00 h).
O partido contra o Arenteiro no Municipal de O Espiñedo inaugura un maio frenético para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía (20.00 h). Tras asegurar o segundo posto do subgrupo V e vencer a San Mateo, noso equipo quere máis e tentará levarse os tres puntos no terceiro derbi da tempada.
O noso equipo chega a esta cita coa moral alta despois de superar dúas citas esixentes en Porriño e en casa. As de Tobaruela promedian cinco goles nos seus encontros a domicilio durante esta campaña. Ademais, tentarán volver a non encaixar despois de encadear tres partidos coa o portería a cero ata a pasada fin de semana.
“As xogadoras do Arenteiro son intensas e van ben á disputa. Porén, a estas alturas estamos preparadas para enfrontarnos a calquera tipo de rival e confío plenamente no equipo”, comentou Tobaruela na rolda de prensa previa ao derbi. O catalán pode contar na convocatoria con Candela e as dúas máxima goleadoras do equipo. Vicky e Zaira levan 23 e 13 dianas cada unha e están a callar un bo final de tempada regular. A pequena dianteira marcou 5 goles en abril: contra San Roque, Porriño e San Mateo. Ademais, foi a autora do gol da vitoria no partido da primeira volta disputado no Municipal de Oira.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Karla.
Defensas: Noa, Sabela, Sampayo, Lú e Laura.
Centrocampistas: Candela, Aldarita, Ester e Bonjoch.
Dianteiras: Zaira, Noui, Vicky, Claro e Chao.
Arenteiro
O conxunto verde arrinca a xornada en sexta posición con 40 puntos e un balance de 13 vitorias, un empate e oito derrotas, a dous puntos das prazas que dan opción de xogar a fase de ascenso. Lidia e Nerea, ambas as ex xogadoras do noso club, son as máxima goleadoras na competición ligueira con 16 e 10 tantos cada unha. No único partido entre ambos, desta tempada impúxose Rosalía o pasado 15 de xaneiro na xornada 12.