Tobaruela: “Non soubemos remontar o gol inicial delas”

“As nosas xogadoras intentárono ata o final. Neste sentido non teño máis que felicitalas”, declarou o técnico.

Pere Tobaruela compareceu en zona mixta do estadio Municipal de O Espiñedo tras o duelo ante o Arenteiro, correspondente á xornada 25 de Liga: “O partido transcorreu tal e como previmos que ía ser: un Arenteiro intenso buscando o desprazamento en longo. Fomos quen de contelas e dominalas, pero non soubemos remontar o gol inicial delas, non aproveitando as nosas ocasións para marcar”.

Segunda derrota a domicilio
“Na primeira volta perdemos no campo do Lóstrego por idéntico resultado. Na derrota de onte foi decisivo non aproveitar as abundantes ocasións das que dispuxemos. Elas souberon si, así que non hai nada máis que engadir”.

Qué sacas de positivo do encontro?
“Parece un tópico, pero non o é: das derrotas tamén se aprende. Dentro de dúas fines de semana estaremos no verde para xogar a primeira eliminatoria, a partido único, da fase de ascenso. A derrota de onte vai axudar a decantarse de que quizais haxa que dalo todo e intentar materializar as ocasións para seguir adiante”.

Zaira
“Calquera imprevisto sempre afecta dunha maneira ou outra, iso está claro, pero eu son dos que pensa que tes que actuar e intentar xogar as túas bazas a pesar das circunstancias”.

“Se xogan ao nivel de onte, imos dar moito traballo ás nosas rivais na fase de ascenso”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Derbi, derrota máis dolorosa
“Un derbi sempre queres gañalo e as nosas xogadoras intentárono ata o final. Neste sentido non teño máis que felicitalas. Estou convencido de que se xogan ao nivel de onte e atinamos de cara a portería, imos dar moito traballo ás nosas rivais na fase de ascenso”.

Aprendisaxe cara a fase de ascenso
“Na fase de ascenso o compoñente psicolóxico vai ser decisivo. Onte foi unha boa preparación neste sentido. E eu confío na capacidade de aprendizaxe das xogadoras”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content