A polo triunfo en Porriño

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía visita ao Porriño na xornada 23 do campionato (16.30 h, RosaliaTv)

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía disputa esta tarde o partido correspondente á 23.ª xornada de Liga fronte ao Porriño Industrial (16.30 h, RosalíaTv Youtube). Unha visita esixente ante o quinto clasificado que obrigará ás de Pere Tobaruela para sumar os tres puntos.

O noso equipo, que gañou os seus dous compromisos do mes de abril ante Ponteareas (0-7) e San Roque (4-0), buscará a súa décimo novena vitoria no campionato. En fronte terá a un rival que encadea tres triunfos ligueiros nos últimos cinco encontros. Os últimos precedentes favorecen a Rosalía, que se mantivo invicto nos tres enfrontamentos máis recentes e xa venceu ao Porriño esta tempada na primeira volta por 3-0 con tantos de Zaira, Ester e Vicky.

“Creo que desde o principio da tempada temos claro que temos que quedar primeiras simplemente pola cuestión de que no sorteo que vai haber quen quede primeira ten a ventaxe de xogar no seu campo”, explicou Tobaruela na rolda de prensa previa. O técnico catalán non poderá contar ante o Porriño con Laura, nin con Valeria e Lú, baixa de última hora. Na convocatoria si se atopan as dúas máxima goleadoras do equipo, Vicky e Zaira, que suman 19 e 13 tantos cada unha.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío.
Defensas: Yadira, Sabela, Matilde, Noa, Feijóo e Sampayo.
Centrocampistas: Aldarita, Aroa, Bonjoch, Ester e Candela.
Dianteiras: Noui, Vicky e Zaira.

Porriño
O conxunto adestrado por Diego Barros está a realizar unha sólida campaña, que lle permite estar nos postos de playoffs. Conta cun balance de 14 vitorias, 0 empates e 7 derrotas. No seu campo só perdeu catro encontros no que vai de Liga. Zaira Ocampo é a súa máxima goleadora no campionato con 17 dianas.

Check Also

Rosalía-Boiro: A fase de ascenso en xogo

As de Tamayo mídense ao segundo clasificado co obxectivo de acurtar a súa vantaxe de …

Skip to content