Última xornada a domicilio da 1ª Fase

Os dous equipos representantes en Liga Promesas disputaron o seu último partido a domicilio da 1ª fase.

Non houbo +3 para ningún dos dous representantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía no seu último partido a domicilio da primeira fase. As de Feijóo viaxaron a casa do segundo clasificado, Atlético Arousana, mentres que o Promesas ‘B’ visitou a Tomiño FCF.

A EFF Rosalía ‘B’ desprazouse ata O Alivio de Tomiño

Alt. Arousana-EFF Rosalía
A pesar de dar unha boa imaxe, as xogadoras do Pormesas ‘A’ non chegaron a atoparse cómodas sobre o terreo de xogo debido a non estar acostumadas a xogar sobre herba natural, motivo que condicionou o debenir do partido. Pese a iso, as azuis levaron o ritmo do xogo e en gran parte do encontro dominaron a posesión. “Sacamos en positivo que pese as baixas no centro do campo, podemos tirar de canteira que sen duda dan o nivel”, indico María Feijóo ao remate.

Tomiño FCF-EFF Rosalía ‘B’
Saíu ao campo mellor o equipo dirixido por Javier Alonso, provocando varias ocasións de principio pero non logrando finalizar correctamente. Isto espertou a Tomiño, que alcanzou unha vantaxe que parecía definitiva ao final da primeira metade. Tralo descanso, equipo non se rendeu e conseguieron acurtar a vantaxe local pero sen alcanzar o obxectivo de empatar. Para o técnico “Na primeira parte non tivemos acerto e iso non nos beneficio pero na segunda, as xogadoras deron todo de si e tiveron o seu recompensa”.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content