Aldara Sequeiros, azul hasta final de 2021

A defensa barbadesa, que chegaba en 2018 ao noso club, seguirá defendendo a elástica azul esta campaña.

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e Aldara Sequeiros chegaron a un acordo para a renovación da barbadesa ata finais da tempada 2021. Con este novo contrato, a defensa azul, que fichaba polo noso club o verán de 2018, seguirá defendendo a nosa camiseta por terceira campaña.

Na súa primeira tempada como “rosalía”, Sequeiros debutou o 16 de setembro no campo do Juvenil de Ponteareas, no primeiro partido oficial da historia do noso clube. A nosa lateral na primeira tempada con Alonso no banco, tivo maior protagonismo nas rotacións do equipo que na segunda tempada con Ivan Canal.

Unha vez formalizada a renovación, Aldara atendia a web do club: “Malia a situación tan atípica que nos tocou vivir, penso que renovar é unha ilusión engadida ás ganas que teño de estar no terreo de xogo. Tiño moitas ganas de continuar neste equipo, non só pola contorna no vestiario, si non tamén por parte do plantel técnico, que me parece que está formado por dous grandes adestradores como son Miguel e Jonny. Sen ningunha dúbida alégrome de poder formar parte deste equipo unha tempada máis”.

Ante a posibilidade da volta á competición, a lateral afirma que “Ao equipo véxoo máis forte que nunca, con ganas de demostrar e colleitar os froitos nos partidos. Sobre todo estamos moi centradas en canto a competir e dar o cen por cento. Creo que a tempada anterior foi unha fase de aprendizaxe en todos os sentidos, e malia non poder acabala quedeime cun bo sabor de boca. Aínda que é certo que a nivel persoal non foi estupenda creo que saco moitas cuestións positivas”.

A nivel personal remarcou que “creo que me atopo con máis ganas que nunca, xa que boto de menos pisar o campo, así que, no caso de que a situación permítanolo e podamos xogar espero dar a talla e non defraudar ao equipo. Sen dúbida o máis importante é non deixar de traballar, e que a tempada sexa como unha carreira de fondo que nunca se acaba”. “A nivel colectivo creo que estou rodeada de grandes xogadoras, cunha calidade excepcional, que por suposto só me axudan a seguir esforzándome para conseguir poñerme á súa altura”, rematou destacandando.

O presidente Mario Gómez mostrouse satisfeito ca renovación de Aldara Sequeiros. “Aldara trátase da típica xogadora de club, sempre está disposta a todas as actividades que promovemos dende o clube, é unha fixa nos adestramentos e nunca se lle ve unha mala cara nin un mal xesto. Estamos moi contentos con que Aldara Sequeiros forme parte da EFF Rosalía e esperamos que sexa xogadora azul por moitos anos”.

Check Also

A EFF Rosalía estréase ante o seu público cun solvente triunfo

Laura e Noui puxeron os goles pontinos nun duelo no que as visitantes mereceron máis.A …

Skip to content