As azuis iniciarán o campionato visitando a Escola de Fútbol Lalín o domingo 11 de abril (12:45 h)
A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía xa coñece o seu calendario para a Liga 2021. As ourensanas arrincarán a primeira fase visitando á Escola de Fútbol Lalín o domingo 11 de abril, mentres que o primeiro partido no Monte da Aira será o 18 de abril fronte a ADC Monteforte no seu primeiro partido de competición como local.
Nunha competición exprés de dez semanas de competición con remate o 13 de xuño. Unha vez rematada os campións dos sete sub-grupos (a EFF Rosalía quedou ubicada no Grupo E) e o mellor segundo xogarán as eliminatorias polo ascenso a partido único. Os equipos que xoguen como locais a primeira eliminatoria decidiranse a sorteo, agás o mellor segundo que sempre xogará como visitante. As dúas finais polo ascenso disputaranse a partido único tamén, pero en campo neutral a decidir federativamente.
Calendario:
Primeira volta
J1 – 11/04 – EF Lalín vs EFF Rosalía
J2 – 18/04 – EFF Rosalía vs ADC Monteforte
J3 – 25/04 – SCD Milagrosa vs EFF Rosalía
J4 – 02/05 – Descanso
J5 – 09/05 – EFF Rosalía vs SG Comercial
Segunda volta
J6 – 16/05 – EFF Rosalía vs EF Lalín
J7 – 23/05 – ADC Monteforte vs EFF Rosalía
J8 – 30/05 – EFF Rosalía – SCD Milagrosa
J9 – 06/06 – Descanso
J10 – 13/06 – SG Comercial vs EFF Rosalía
Entre as novidades competicionais para a tempada 20/21 destaca que o desempate en caso de empate de puntos se realizará mediante o mellor fair play e non por diferencia de goles, o cal lle outorga unha importancia vital ao xogo limpo.