7-0: A EFF Rosalía golea no Municipal de Oira

Un dobrete de Zaira e os tantos de Feijóo, Sabela, Aldarita, Vicky e Clau rubrican unha gran actuación das de Tamayo fronte ao Victoria FC ‘C’.

Gran vitoria da Escola de Fútbol Feminino Rosalía fronte ao Victoria FC ‘C’ no encontro da novena xornada de Liga, disputado no Municipal de Oira. O noso equipo deuse un festín de goles ante a súa afección grazas ao dobrete de Zaira (42’ e 65’) e os tantos de Feijóo (15’), Sabela (21’), Aldarita (73’), Vicky (81’) e Clau (83’). Sexto triunfo no campionato e gran inxección de confianza para as de Tamayo despois da derrota ante o San Mateo.

O partido comezou coa o Escola de Fútbol Feminino Rosalía como protagonista. O noso equipo asediou a portería rival desde o inicio e puido adiantarse moi pronto coas ocasións de Clau e Zaira nos primeiros dez minutos. As de Tamayo tentábano con insistencia e finalmente foi Feijóo quen sacou rédito dun erro da gardameta rival para abrir o marcador. A defensa, reconvertida a centrocampista, aproveitou un oco na defensa rival para xutar a porta, pero o balón escorreuse entre as luvas de Martina e acabou dentro da portería. En apenas seis minutos, Sabela puxo o segundo chegando desde atrás e aproveitando unha parede con Zaira desde a banda esquerda para internarse por velocidade entre a defensa rival e superar cun tiro raso a Martina. No 42’, o noso equipo xa mandaba 3-0 grazas a Zaira, cunha gran bolea a centro de Candela desde a esquina.

Vídeo: Partido completo.

Póker de goles na segunda metade
Xusto antes do descanso, Victoria ‘C’ puido recortar distancias por medio de Eva. O cadro visitante non conseguiu xerar perigo tras a continuación. A pesar das chegadas con perigo de Bonjoch, Candela, en dúas ocasións e Sabela, non chegaron máis goles ata os últimos vinte minutos. Precisamente un roubo de Matilde na medular, asistindo a Noui á carreira, serviu para que seu centro rematáseo ao primeiro toque Zaira en área pequena para anotar o cuarto e volver poñer terra polo medio no marcador. A partir de aí, continuou o vendaval de goles. Aldarita anotou o quinto á saída dun córner catro minutos despois, celebrando desta maneira o seu centenario como ‘Rosalía’. Puido marcar Eva no minuto 80, pero o seu remate ante a saída de Noa, sae desviado. Vicky, un minuto despois, fixo o sexto cun remate dentro da área despois de aproveitar un pase en profundidade de Xiana e, finalmente, Clau pechou rematar un balón morto na frontal despois dun saque de córner de Candela.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content