A nosa sénior disputa mañá domingo a final da IV Copa Deputación Ourense ante o CD Arenteiro na Regueiriña, na terceira final consecutiva entre ambos os equipos (12.00 horas).
A IV Copa Deputación Feminina de Ourense decide este domingo ao seu campión. A Escola de Fútbol Feminino Rosalía enfrontarase ao CD Arenteiro no Campo da Regueiriña, en Barbantes, a partir das 12.00 horas, nunha final que volve reunir a dous equipos que xa coñecen moi ben este escenario.
Será a terceira final consecutiva entre ambos os conxuntos, un novo capítulo dunha rivalidade marcada pola igualdade, a competitividade e os pequenos detalles. En 2024, o Arenteiro levou o título tras impoñerse por 3-2 no Couto. Un ano despois, o conxunto pontino respondeu levantando a Copa tras empatar 1-1 e vencer na quenda de penaltis por 3-4.
Unha final para levantarse
O equipo de Alberto Tamayo afronta a cita despois dunha semana emocionalmente esixente, tras quedarse ás portas do ascenso o pasado domingo nunha eliminatoria decidida desde o punto de penalti. Agora, a final de Copa aparece como unha oportunidade para pechar a tempada cunha alegría e poñer en valor o traballo realizado durante todo o curso. O noso equipo chega ademais con bos precedentes esta tempada ante o Arenteiro en Liga. En Oira, o equipo ourensán impúxose por 3-1, con dobrete de Noui, e na Uceira asinou un 1-1 no último duelo entre ambos.
“Chegamos co golpe lóxico do vivido o domingo, pero tamén con moitísimo orgullo. Este grupo competeu ata o final, baleirouse polo escudo e agora ten unha final preciosa por diante”, sinalou Alberto Tamayo na previa.

Unha rivalidade decidida por detalles
Os últimos enfrontamentos confirman que cada partido entre Rosalía e Arenteiro esixe máxima concentración. Nas duas finais anteriores houbo emoción ata o final, unha resolveuse na prórroga e a outra nos penaltis. Esta vez, o equipo buscará repetir o desenlace da última edición e volver levantar o título
Un dos nomes propios será de novo Noui, máxima goleadora do equipo en Liga con 14 tantos e protagonista nos últimos duelos ante o Arenteiro. Tamén chegan con peso ofensivo Candela, con 11 goles, Aldarita, con 9, e Sampi e Añón, ambas as con 8. Todas elas incluídas na convocatoria do técnico pontino.
CONVOCATORIA

“Temos que ser nós mesmas. Queremos competir e gozar da final”, Alberto Tamayo.
“Contra o Arenteiro nunca hai partidos cómodos. Coñecémonos moito, hai futbolistas de moito nivel nos dous equipos e sabemos que unha final decídese por concentración, eficacia e personalidade nos momentos importantes”. “Temos que ser nós mesmas. Queremos competir, gozar da final e regalarlle á xente do Rosalía unha última alegría esta tempada. O equipo merece terminar mirando cara adiante”, concluíu Alberto Tamayo.
El Arenteiro
El CD Arenteiro llega a la final tras eliminar al Cented y con el objetivo de recuperar el título que perdió la pasada temporada. El conjunto de O Carballiño cuenta con jugadoras determinantes como Ester y Letizia Hermida, ambas con 10 goles en Liga, además de Sara Fernández Antolín, autora de 9 tantos y protagonista habitual en los duelos directos.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino