As Promesas a seguir colléndolle o pulso á categoría

Os equipos da categoría Promesas buscan dar un paso máis na súa formación na 14ª xornada da competición.

O primeiro equipo dirixido por María Feijóo recibe ao San Mateo, mentres que as de Javier Alonso terían en fronte ao Caldas, ambos na matinal do domingo no Municipal de Oira, na terceira xornada da segunda volta. Os partidos estarán dirixidos polo colexiado Adrián Rodríguez Fernández do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.

EFF Rosalía-Sp.C. San Mateo
Logo de non disputar partido a semana pasada ao aprazarse o seu encontro fronte a Umia, as de Feijóo volven ao Municipal de Oira para recibir ao seu inmediato perseguidor, San Mateo (11:00 horas; domingo). Un rival que chega logo de vencer a semana pasada ao Lóstrego. O encontro entre o cuarto e quinto clasificados da primeira volta terminou con vitoria visitante.

EFF Rosalía ‘B’-Caldas CF
Pola súa banda, o segundo equipo terá en fronte ao equipo que o precede na táboa, Caldas CF. Equipo, que do mesmo xeito que noso Promesas ‘A’ tivo que aprazar o seu encontro da pasada xornada. Oitavo e noveno terán outra ocasión de adquirir experiencia computacional a mañá do domingo no Municipal de Oira a partir das 12:00 horas. O encontro disputado na primeira volta nas Corticeiras terminou con vitoria visitante do noso equipo.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content