Orzán-Rosalía: a pola primeira vitoria de 2022

O noso ‘filial’ visita na 11ª xornada a un equipo que vén en racha (16:15 h, Elviña Grande).

Arrinca unha nova xornada para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete, que afronta o seu primeiro partido oficial a domicilio de 2022 fronte ao Orzán, correspondente á 11ª xornada da Liga Galega Cadete Feminina (16:15 h, Elviña Grande). O noso ‘filial’ buscará puntuar contra un equipo que vén de gañar os seus catro últimos compromisos na Liga.

O conxunto de Sobrino quere comezar o ano lonxe de casa do mellor xeito e intentará seguir coa dinámica coa que comezou 2022 tras empatarlle ao Victoria CF (0-0) nun partido que mereceron máis. Para iso, deberá mellorar de cara a porta en Elviña Grande da A Coruña, ao non marcar nos dous últimos partidos. Outra clave para lograr o quinto triunfo da tempada será a concentración ante un equipo que marca 6 goles por partido en casa. O técnico, en declaracións os medios oficiais sinalou que: “Orzan está facendo unha moi boa tempada e vese na clasificación, pero vimos nunha boa linea de traballo e esperamos dar a cara contra elas”.

“A ida decidiuse por unha xogada a balon parado e o partido estivo o bastante parello para caer cara a calquera lado. Como xa dixen mais veces, non hai partidos sinxelos e cada un ten a súa dificultade, o Orzan ten moi bos números como local e imos necesitar dar o mellor de nós para poder sacar un bo resultado”, indicou lembrando o partido da primeira volta.

O partido da primeira volta rematou con vitoria visitante por 0-1.

Orzán
O rival do Cadete, que marcha segundo na competición, está asinando unha excelente tempada cun balance de sete triunfos, un empate e unha derrota. As locais contan cun brillante rexistro ofensivo nos seus últimos tres encontros en casa con 22 tantos a favor e catro en contra.

O partido estará dirixido polo colexiado Dario Costas Doral, do Colexio Técnico de Árbitros de A Coruña.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content