Boa vitoria do Cadete en O Seixo

Bonjoch, Nerea, Claudia e Matilde, de penalti, deron os tres puntos fronte ao San Mateo no primeiro encontro da Fase Consolación da Liga Galega Cadete Feminina.

Boa actuación e contundente vitoria da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete no Municipal de O Seixo. O conxunto dirixido por Tamayo impúxose ao Sporting Club San Mateo no encontro correspondente á 1ª xornada da Fase Consolación e conseguen empezar con bo pé dita fase. As pontinas, con goles de Bonjoch, Nerea, Claudia e Matilde, callaron unha boa primeira parte para rubricar o décimo triunfo da tempada.

Sentenciaron as azuis na primeira parte no Municipal de O Seixo, pero a primeira oportunidade chegou desde o bando visitante. Foi Nerea Martínez a primeira en inquietar a portería rival cun disparo desde a área pequena tras un rexeite de Valeria a un saque de falta de Paula. As locais responderon aos 9′ cun disparo desde a frontal, que foi o primeiro gol azul. Bonjoch caza un balón ao primeiro toque tras un rexeite da defensa rival a un centro de Silvia e supera a Naila por alto tras golpear no poste. O ritmo foi a máis e Nerea Álvarez a punto estivo de asinar o empate, o seu tiro saíu pegado ao pau. Novamente a resposta azul chegou en forma de gol desde o sector dereito cunha asistencia de Nieto que remata Nerea tras adiantarse á súa marca para facer o 2-0. Sete minutos despois, Nerea Álvarez estivo preto de acurtar distancias, o seu tiro sae desviado. A máis clara das visitantes non chegou ata o minuto 30′, cando Nuria presentouse soa ante Valeria tras superar a toda rival que lle saíu ao paso desde o centro do campo. Si embargo, antes do paso por vestuarios, o Cadete puido facer o 3-0 tras un remate a porta baleira de Caride logo de roubar a pelota a Naila.

Outros dous goles na segunda parte
As de Tamayo saíron a por todas no inicio da segunda metade. O froito ao minuto da reanudación cun remate de Claudia ao que nada puido facer a guardameta visitante. Unha boa presión de Nerea á guardameta rival provoca que Silvia recupere o esférico pero o seu disparo sae alto. Non pasou nin un minuto e Sara Rodríguez provoca un penalti para ampliar distancias. A encargada de transformalo é Matilde. Con esta vantaxe, o técnico aproveitou para probar ás súas xogadoras en posicións non habituais. O marcador mantívose ata o pitido final e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía gañou a San Mateo para sumar o seu primeiro triunfo da Fase Consolación.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content