O Infantil faise xigante na casa (5-1)

A EFF Rosalía Infantil consegue sumar en casa, por cuarta vez consecutiva, tres puntos xogando un gran partido.

O equipo Infantil impúxose á Sociedade Cultural Deportiva Pastoriza nun partido de vital importancia con respecto ao seu obxectivo de quedar o mellor posible na categoría. As de Diego Castro foron de mais a menos. A primeira parte traduciuse en domino local, sentenciando o encontro nos primeiros 40 minutos con catro goles.

Saíron a por todas as azuis e aos oito minutos Sara estrelou un balón ao pau. Preámbulo do primeiro 4 minutos despois. Nair recupéraa dentro do área rival e asiste a Victoria, que dispara ao fondo da rede. O partido pintaba ben para as pontinas, outra recuperación na saída do balón, esta vez de Alma, termina aos pés e Candela Losada, que dentro do área supera a Sara Fraguio por abaixo. Seguiron insistindo as locais, en especial Candela Sanmiguel cun bo remate que a gardameta do Pastoriza despexa a córner. A dianteira obtivo o seu premio na seguinte. Zaira creou o perigo desde o sector dereito e ante a saída de Sara e a súa central, cede o balón a Sanmiguel, a ’34’ azul non falla (3-0; minuto 31′). Tan só dous minutos despois, Zaira provoca un córner que remataría ao fondo da rede tralo saque de Nair. 4 a 0, resultado co que finalizaría a primeira metade.

Xiana C. pechou o triunfo do Infantil co seu gol.

Case co pitido que arrincaba a segunda parte, no primeiro aviso das de Castro, chegaría novamente o perigo á portería visitante en forma de gol. Nair saca un córner que remata Xiana Carballo desde a frontal a donde non pode chegar Sara. A partir dese momento, o encontro que se vivía no Municipal de O Seixo foi moi diferente. Castro indicou ás súas xogadoras que esperasen atrás para deixar crear xogo as suas rivais, así achegáronse con perigo ao área de Aldara obtendo o premio aos 51 minutos. Un erro de relaxación de Ainara é aproveitado por Alba para roubarlle o esférico e marcar dentro do área. Desde entón, un exercicio de orde táctico e traballo permitiu que o resultado final non se alterase, sumando así a sua cuarta vitoria consecutiva no Municipal de O Seixo. Para Diego Castro “Fixemos un bo partido, na liña que vimos mantendo os últimos meses, é para estar moi contentos co progreso das nenas. A primeira parte foi moi boa e na segunda decidimos non aumentar a renta de goles, xa que nin nos beneficia a nós nin ao rival que estaba enfrente”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content