Rosalía loitou polo segundo posto ata o final

Os goles de María (2) e Sabela do último partido do campionato dan a vitoria no Derbi da A-52.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía loitou ata o último segundo e cumpriu co obxectivo de derrotar no derbi da A-52 ao Cañiza, pero non puido lograr o obxectivo de alcanzar o segundo posto, aínda así superou na clasificación a Lóstrego “B”. Tocaba gañar e esperar resultados e as azuis conseguírono con goles de María (2) e Sabela. As de Tobaruela despiden a tempada regular con vitoria e enlazando 4 encontros sen perder no campionato (3 triunfos).

Pouco faltou para poñerse todo en contra aos 10 minutos, cando Raquel plantouse soa diante de Rocío, pero o seu tiro saíu desviado. Desde esa ocasión só existiu o Rosalía, que ao momento estivo a piques de adiantarse cun tiro desde a frontal de Patricia. Seguían atacando as visitantes e puideron adiantarse tras unha xogada de Lidia, na que avanzou ata a liña de fondo, pero o seu centro remátao fora Victoria. A dianteira atopouse cunha boa intervención de Ana na seguinte ocasión. A resposta local chegou a balón parado. Laura Alonso intentouno tras un falta na frontal pero Rocío despexou a córner sen problemas. Antes de chegar ao descanso, Tobaruela deu entrada a María por Victoria e a interior foi protagonista 6 minutos despois. Rematou ao primeiro toque un centro de Lidia que terminou ao fondo da rede adiantando as azuis.

Nerea debutou cunha asistencia no equipo sénior.

A segunda metade comezou encerrando atrás ao Cañiza e 9 minutos trala reanudación marcou Sabela ao rematar un rexeite da defensa local desde o bordo do área. O seu remate sae rebotado dunha defensa e despista a Ana. Tobaruela fixo entre o 71′ e 75′ os dous cambios que lle restaban e entraron ao campo Antía e Nerea. Catro minutos despois aumentaron as distancias por medio, novamente de María. O seu disparo coa dereita pegou no pau e acabou no fondo da rede tras unha xogada de Nerea. E co tempo cumprido, Lidia remata ao pau outra boa xogada combinativa das azuis, polo que o marcador xa non se moveu.

Coa vitoria contra Cañiza en Augas Férreas, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía remata a Liga regular acumulando 15 vitorias, as tres últimas consecutivas. Pola súa banda, Ana termina como máxima goleadora con 20 tantos, seguida de Lidia e Zaira con 13.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content