Chega o segundo clasificado ó Monte da Aira, chega un clube amigo, chega un dos referentes do fútbol femenino de Vigo, gracias en gran parte ó traballo realizado por Gabi Couñago e os seus nestes últimos cinco anos. Este domingo as nosas senior enfrontanse ao potente Valladares.
O Valladares chega na segunda posición despois de vencer ó Rápido Pereiró a semana pasada por 2-0 na Gándara, inda que o Pereiró ten un partido menos xa que xa tivo a súa xornada de descanso.
O Rosalía por outra parte ven de afianzarse entre os oito primeiros que disputarán a fase de ascenso despois da xeira de 4 victorias consecutivas e de vencer en Pontecaldelas por 0-1.
O partido da primeira volta decidiuse en pequenos detalles por un mínimo 1-0 en favor do Valladares, nun partido en que o Rosalía fixo un traballo táctico e físico brutal mostrándose en todo momento serio e ordeado.
A parte da baixa de longa duración da porteira Sara, salvo problemas de última hora, o Rosalía conta con toda a plantilla dispoñible para o encontro.