Moita fe en si mesmas teñen as nosas senior nas últimas datas, en gran parte reforzada pola xeira de victorias.
Presentábamos en Pontecaldelas nunha tarde fría ca ilusión de facer un bo partido e abrir un treito co noveno clasificado, o noso rival, de seis puntos. Ademáis os resultados que se diran na xornada facían que unha victoria nos fixera mirar con ilusión incluso poder optar ó 7° ou 6° posto nun futuro, algo que fai tres meses sería unha quimera.
O Pontecaldelas presentábase con moitas baixas, as dimensións do campo auguraban un partido ben xogado, pero a realidade foi distinta. Quizáis pola tensión de ter o oitavo posto na cabeza o partido foi moi trabado e embarullado. As nosas parecían dominar máis, pero os achegamentos na primeira parte só eran de faltas lonxanas e algún córner.
Descanso e ña reanudación vemos que o Rosalía presiona a campo completo. Logra encerrar ó Pontecaldelas e crear ocasións de perigo, pero todas quedan en eso… perigo. A vinte minutos do final o susto da tarde, o Pontecaldelas gáñalle por única vez as costas a nosa defensa, Rocío sae a tapar pero se ve desbordada e cando o balón colábase na porta Isis Sanmartín aparece da nada para despexalo.
Lonxe de asustarse as nosas seguen insistindo e a dez minutos do final un mal despexe da porteira local fai que o balón caiga nos pes de Sabela Meno que entra a pracer na porta… a partir de ahí o Pontecaldelas veuse abaixo, lastrado polas lesións e un baixón físico e as nosas non pasan apuros para sumar tres novos puntos que nos fan xogar a fase de ascenso no noso ano de fundación como clube. Inda que ben é certo que queda moito por loitar e moito que sufrir e traballar, estamos seguros que de eso non vai faltar.