Fútbol, goles, solidez e unha gran vitoria

Brillante triunfo do Infantil ante a Milagrosa nun partido completísimo das azuis, superior aos seus rivais en todas as facetas do xogo de principio a fin.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía impúxose á Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa por 6-0 nun completísimo partido das azuis, que se mostraron moi superiores desde principio a fin ao cadro lugués, sexto clasificado do Grupo D da Fase Título Consolidación.

Arrincou o encontro cun Rosalía intenso e cunha boa presión dificultando o xogo visitante. A primeira chegada saíu das botas de Matilde, o seu centro remátao Sara desde o bordo do área alto. Na súa segunda chegada o cadro pontino adiantouse no marcador. Un centro de Antía pola dereita acabou aos pés de Alma. A centrocampista remata á rede (4′). Co marcador a favor sentiuse realmente cómodo o equipo de Castro, que fixo o 2-0 no minuto 14′ nunha acción de Nair. A asistencia ao oco da centrocampista recóllea Candela Sanmiguel, cede a Antía superando na saída á guardameta visitante. As azuis aumentarían a vantaxe con outro gol nos últimos minutos antes do final da primeira metade. Nair, tras unha parede con Victoria pon o 3-0 nun marcador co que se chegaría ao descanso. Antes, a única ocasión rival chega tras un erro na saída de balón de Miriam que aproveita Mely para probar a Aldara, que despexa o balón, o rexeite recólleo Rosalía pero o seu remate vaise fóra.

Nair foi unha das destacadas da vitoria fronte á SCD Milagrosa.

Intentou dar un paso adiante o equipo visitante na segunda metade, aínda que se atopou cunha boa disposición táctica das de Castro. Sara foi a primeira en intentalo cun lanzamento desde fóra do área que sae fóra por pouco. Avisou Victoria do que ía pasar sete minutos despois no 45′. Recupera o balón coa axuda de Alma pero o seu disparo sae desviado. Atopouse co gol a dianteira na seguinte chegada de perigo. A ’35’ azul recibe un bo envío de Alma e cun gran dereitazo superou a Ainara, era o minuto 52′ e todo quedaba sentenciado. Pero aí non ía parar a Escola de Fútbol Feminina Rosalía. O equipo seguiu buscando a portería visitante e Candela Sanmiguel recolleu a recompensa ao bo partido que estaba a realizar. A dianteira non perdoa no man a man ante Ainara tras recibir un bo pase entreliñas de Sara. Castro movió el banco y dió entrada a Victoria por Sara, que casi en su primera intervención en ataque dió la asistencia de gol a Carballo que, con una buena definición ante Ainara (78′) coloca el definitivo 6-0.

O técnico pontino atendeu á web do club ao final do encontro para indicar que “ás nenas estáselles notando moito o traballo semanal, non só co infantil, senón con todos os equipos do club nos que xa compiten e moi ben. Este é o camiño a seguir aínda que aínda nos quedan por mellorar bastantes aspectos defensivos, pero con balón o equipo creceu moito”

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content