Cañiza-Rosalía: A orde dos primeiros postos decídense na última xornada

O noso equipo debe gañar e esperar que non o fagan Peñasco e Lóstrego “B” para alcanzar o 2º posto (17:00h; Augas Férreas).

Chegou a hora da verdade. Hoxe dispútase o último partido de Liga e a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía vai pelexar por subir algún posto máis na clasificación ata o final. O equipo visita no campo de Augas Férreas ao Cañiza no ‘Derbi da A52’ (17:00h) e consígna está clara: Hai que gañar si ou si. E, despois, estar pendente do que suceda nas Baloutas e A Gándara-Valladares, onde Lóstrego “B”, que está terceiro e Peñasco, segundas, terán en fronte a Mos “B” e Valladares. Si gondomaresas e viguesas non haberá movementos na clasificación. Pero si empatan ou perden, as de Tobaruela subirán peldaños na táboa clasificatoria.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía agárrase ao bo momento que atravesa en Liga, onde leva invicta 3 partidos seguidos, aos resultados da primeira volta, cando nun escenario parecido, o equipo recuperou posicións na clasificación.

“O equipo está ben e en todo momento as xogadoras teñen mentalidade gañadora. Así que sairemos a sumar os tres puntos aplicando o traballo semanal, que desta vez foi un chisco diferente xa que tivemos que xogar o xoves”, dixo Tobaruela na roda de prensa previa ao encontro. O técnico non poderá contar con Fara, Paqui, Yadira, Aldarita e Zaira, pero o plantel xa demostrou que é capaz ata nos momentos máis difíciles. Esta é a convocatoria para o último partido da tempada regular.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa, Feijóo, Matilde, Laura Añón, Sequeiros y Lucía Pérez.
Centrocampistas: María, Sara Bonjoch, Sabela, Patricia y Lidia.
Dianteiras: Noui, Antía, Nerea y Victoria.

Cañiza
O Cañiza está situado na metade da táboa cun balance de 6 vitorias, 2 empates e 11 derrotas, pero falta saber si farao como sétimo ou oitavo clasificado. No entanto, terá a intención de dar o mellor de si no partido que significa a despedida ante a súa afección esta tempada. O perigo en forma de goles chegará das botas de Emma (12) e Natalia (6).

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content