Tobaruela: “Hai equipo para competir”

“Empeza unha fase na que imos intentar gozar e chegar o máis lonxe posible”, añadiu o técnico.

Pere Tobaruela compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa do Augas Férreas e analizou a vitoria da Escola de Fútbol Feminina Rosalía fronte a Cañiza: “Estou moi contento do partido de onte por dous motivos. O primeiro porque participaron moitas xogadoras de categorías inferiores e estiveron a un nivel alto. En segundo lugar, estou satisfeito porque na primeira parte e na segunda propuxemos un sistema e unhas variantes tácticas diferentes e as xogadoras souberon adaptarse e executar ben o plan de partido previsto”.

“Hoxe nós tiñamos que preocuparnos de poñer en práctica o noso modelo de xogo e intentar sumar de tres. Conseguimos ambas as dúas cousas. E iso é co que quedo”. 

Finalmente terceiras
“Os resultados “externos” colocáronos finalmente en terceira posición na táboa. Está claro que para os posibles cruzamentos na fase de ascenso a priori sempre é mellor quedar canto máis arriba posible. Pero hai que ter en conta que os seis grupos da Segunda Galega son dispares en canto a nivel dos equipos e, por exemplo, un cuarto clasificado dun grupo pode ser do nivel dun primeiro doutro. É o que ten agrupar os equipos segundo a súa localización xeográfica”.

Valoración do equipo
“As xogadoras teñen fame de fútbol e son moi aplicadas nos adestramentos e nos partidos. Desde a miña chegada propuxen cambios no modelo de xogo, algúns un chisco complicados de asimilar, e elas responderon moi ben. Repito, son moi aplicadas. Tamén competitivas, entusiastas, alegres. ¿Qué máis se pode pedir?”.

Victoria
“Onte era un partido no que dispuña de bastantes xogadoras de categorías inferiores e daquela fixen rotacións. Quería que cada unha delas dispuxera de minutos abondos para valorar o seu desenvolvemento no campo, por iso saiu tan pronto do campo”.

Nerea
“Desde que estou ao timón do primeiro equipo, polas circunstancias que se viviron antes da miña chegada, en coordinación constante co director deportivo, Tamayo, estou facendo debutar a diferentes xogadoras de categorías inferiores para ver como se desenvolven. Un partido é un test excelente para poder valoralas. E agora que falamos disto, só teño que agradecer o esforzó e a implicación, tanto en adestramentos como en partidos, das moitas xogadoras cadetes e infantís que están a botar unha man”.

“Os posibles equipos contra os que nos tocará xogar van ter un nivel alto”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía

¿Penalizou o balance fronte aos classificados para os playoffs?
“Na liga regular está claro que é importante conseguir a vitoria contra os primeiros, contra os que están competindo por acceder á fase de ascenso. Neste sentido, á vista está, o balance non foi positivo (1 vitoria, 2 empates e 3 derrotas). A partir de agora isto hai que melloralo, porque os posibles equipos contra os que nos tocará xogar van ter un nivel alto”.

Posibles rivais
“Como terceiras clasificadas, na primeira eliminatoria da fase de ascenso, imos ter que xogar contra un dos segundos clasificados dos outros grupos: Narón-Freixo, Pastoriza, Cee, Chantada e Bueu. Será a partido único fóra da casa. Non coñezo polo miúdo a ningún deles, pero cando saibamos contra que nos toca, farei por saber. Ese tamén é o meu traballo. O que si podo afirmar é que empeza unha fase na que imos intentar gozar e chegar o máis lonxe posible. Hai equipo para competir. Confío moito nas xogadoras e elas sábeno”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content