Máis preto do debú na liga

Seguimos a cubrir etapas no noso camiño na pretemporada.

A piques de rematar a cuarta semana de adestramentos os técnicos do noso primeiro equipo continúan a traballar para tratar de mellorar no aspecto físico e táctico do noso primeiro equipo. Co inicio da Liga a pouco máis de tres semanas Iván Canal e Juanma Bello traballan arreo para contar co mellor plantel posible para o campeonato.

Noa Fírvida loita pola posesión no medio campo

A pretempada esta condicionada pola falla de rivais a os que poder enfrontarse. Encontramos nula resposta por parte dos numerosos rivais cos que  contactamos para disputar amigables en Ourense, todos os clubes femininos buscan que viaxemos aos seus campos, pero dende a directiva xa consideramos que facemos suficientes viaxes ó longo da tempada (máis de 4000 kms).

Ante as contínuas negativas por resposta, os técnicos acordaron disputar un amigable diante o equipo cadete masculino do Bosco. Unha idade, a de deportistas cadetes, á que corresponde a meirande parte do noso plantel. Os técnicos sabían da dificultade do partido. Os nenos levan anos xogando a fútbol, teñen asumidos conceptos de posicionamento sobre o campo do que carecen a maioría das nosas xogadoras, ademáis das consabidas diferencias físicas.

A nosa porteira en idade infantil Rocío parando un balón

Algunhas é a primeira vez que reciben formación táctica futbolística, outras veñen dende o fútbol sala polo que temos xogadoras que carecen de base previa. Iván Canal non quere que se mal inteprete a súa valoración do equipo. Sabiamos esto dende un principio e asumimos que temos moito traballo que facer cunhas xogadoras que se esforzan ao máximo para tratar de asumir os conceptos que pretendemos transmitir. Esto é moi longo e deportivamente o equipo competirá a un bo nivel. Pero entendo que si tiveramos a oportunidade de correxir erros diante de rivais da nosa categoría os nosos adestramentos serían moito máis positivos.

O plantel de Rosalía continúa a adestrar no campo de Velle. A directiva procura nestas últimas datas de agosto atopar un par de rivais cos que poder realizar sendos amistosos antes de comezar o campionato da regularidade.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content