3-0: Vitoria antes do Nadal

A EFF Rosalía imponse ao Porriño cos goles de Zaira, Vicky e Ester no último partido de 2022 no Municipal de Oira.

A Escola de Fútbol Rosalía sumou na décima xornada da liga os tres puntos fronte ao Porriño Industrial antes do parón do Nadal. O noso equipo despediuse da mellor forma ante a afección no último partido de 2022 no Municipal de Oira. Zaira, Vicky e Ester, cun golazo, certificaron a oitava vitoria das de Pere Tobaruela na Liga, que se paraliza ata o próximo 8 de xaneiro.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía saíu dominadora desde o primeiro minuto, pero a boa formulación dos seus rivais fixo que non estivesen cómodas na transición ofensiva. Aínda así, Zaira abriu o marcador aos nove minutos. Un balón recuperado na medular acaba aos pés da dianteira, a súa carreira con Lorena a gaña a barbadase marcando de tiro cruzado batendo a Aroa. As pontinas seguiron buscando o gol e en minuto 17 probou fortuna Zaira novamente cun golpeo desde a frontal que atallou Aroa en dous tempos. A continuación, Feijóo remata alto un bo centro de Candela. O noso equipo quería máis e Zaira estivo preto de conseguilo ao pouco de superar os 20 minutos de xogo. A xogada iniciouna Rocío, continuou Vicky que cedeu a Candela e o seu centro remátao a goleadora ao pau. A replica do Porriño chegou a balón parado cun saque de falta de Nerea que remata Uxía sen problemas para Rocío. Inmediatamente despois, Vicky roza o segundo, pero o seu tiro sácao a defensa despois de encarar á gardameta rival.

Vicky marcou 5 dianas nos últimos tres partidos.

O noso equipo quería sentenciar e Fara estivo preto de conseguilo tras a continuación nun man a man que despexou Aroa a córner. A centrocampista non acertou na seguinte chegada que iniciou Ester desde o sector esquerdo, o seu centro á área recólleo Zaira que cede atrás a Fara, pero o seu tiro coa zurda atallao Aroa sen problemas. As pontinas estaban a chegar máis e mellor que nos primeiros 45 minutos e no minuto 60 Vicky ampliou a vantaxe. A pequena dianteira presionou a saída de balón visitante e tras recuperar o esférico non dúbida en xutar e enviar o balón ao fondo da rede.

A pesar do gol, o xogo das de Tobaruela non era fluído, o ritmo máis lento que en anteriores partidos en casa. Noui tivo nas súas botas o terceiro, pero tras unha boa xogada individual o seu tiro pegou na cruceta. Co tempo cumprido o gol do partido. Candela recupera en zona defensiva e inicia a contra cun autopase que supera a primeira liña defensiva porriñesa, asiste a Fara pero adiántase a defensa visitante, o balón cae aos pés de Ester, que non o pensa enganchando un dereitazo que bateu a Aroa. Co terceiro acabouse o partido e a Escola de Fútbol Feminina Rosalía despediuse do Municipal de Oira en 2022 cun triunfo que as afianza no segundo posto, a tres puntos do líder Lostrego ‘B’ e co alento de Pontellas, terceiro a dous.

Cristina Pato foi a encargada de facer o saque de honra.

Fora do estritamente deportivo, a xornada completouse coa asistencia ao partido da nosa madriña, Cristina Pato, que foi a encargada de facer o saque de honra nos prolegómenoes/prolegómenos do encontro. Por outra banda, dentro da nosa colaboración coa Operación Quilo de Amencer, agradecer a todos os asistentes, que co seu ‘granito’ de area conseguiron xuntar máis de 150 quilos de comida non perecedoira.

Na sección “Fotografías” podedes atopar a Galería Fotográfica do partido.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content