Vitoria do equipo ‘Azul’ e derrota do ‘Amarelo’
Fin de semana de compromisos oficiais para os dous equipos da Liga Galega Cadete.
EFF Rosalía ‘Amarelo’-UD Mos (0-9)
Partido moi desigual o vivido no Municipal de Oira entre un dos favoritos para levarse o campionato e o noso equipo ‘Amarelo‘. A diferenza física se vió reflectida desde os primeiros minutos, sentenciando o encontro no primeiro cuarto de hora con tres goles de Sofía e Esther (2), que provocou o penalti que transformaría a súa compañeira Sofía. Ao bordo do descanso, as ‘avespas’ aumentaron a vantaxe co primeiro tanto de Saray, que a volta de vestiarios volvía repetir (minuto 44′). Con todo de fronte, Mos non se conformou e Esther, con outros dous goles, Elba e Uxía pecharían unha goleada que demostra a diferenza nunha categoría na que as xogadoras de primeiro ano con respecto ás de segundo son máis fortes e eso queda reflectido no verde.
SpC San Mateo-EFF Rosalía ‘Azul’ (0-2)
A Escola de Fútbol Feminina Rosalía ‘Azul’ gañou ao San Mateo durante o partido celebrado en Ou Cruceiro. As locais afrontaban o encontro tras sufrir unha derrota por 10-0 eb o duelo anterior fronte ao Arousá e cun refacho de tres derrotas seguidas na competición. Pola súa banda, as pontinas chegaban tras gañar holgadamente a Salgueiriños. Despois de terminar en táboas a primeira metade, as nosas saíron vitoriosas con goles de Antía (58′) e Xiana Carballo, co tempo cumprido (80′).
Con este bo resultado, as azuis colócanse quintas na táboa clasificatoria con 8 puntos, a dous puntos dos postos que dan acceso á fase polo título.