Rosalía-Arenteiro: a polo primeiro derbi da temporada

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía busca no Municipal de Oira a segunda vitoria na quinta xornada de Liga (12.00 h; RosaliaTv).

A Escola de Futbol Feminino Rosalía afronta o primeiro derbi do curso na quinta xornada de Liga (12.00 h, Youtube-RosaliaTv). Despois do empate contra o Chantada na pasada xornada, o noso equipo recibe ao Arenteiro nun esixente encontro no Municipal de Oira. Chega pronto, pero eso non altera o obxectivo do noso equipo: sumar os tres puntos para achegarse aos postos altos da clasificación.

O conxunto dirixido por Alberto Tamayo arrincou outubro con dúas boas actuacións ante Cacheiras e Pontellas. Primeiro, coa goleada ao Cacheiras e, despois, co duelo ante o Pontellas, pero o empate ante Chantada deixou un mal sabor de boca ao non atopar o seu xogo o equipo. Mañá, as nosas tentarán referendar boas sensacións ante o Arenteiro. Para iso, será importante volver ao nivel defensivo dos dous primeiros partidos do presente mes e continuar co acerto goleador: oito tantos nas tres últimas xornadas. Neste apartado, Noui é a máxima anotadora pontina no campionato, con tres dianas. Esta é a convocatoria de Tamayo para o derbi.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Noa.
Defensas: Laura, Lú, Sabela, Feijóo, Sampayo, Fifi e Miriam.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Candela e Aroa.
Dianteiras: Vicky, Noui, Zaira e Clau.

O rival
O Arenteiro arrinca a xornada en cuarta posición cun balance de tres vitorias e un empate. O conxunto verde está a mostrarse moi sólido nas últimas xornadas, onde acumula tres triunfos consecutivos con 5 goles a favor e dous en contra.

O Comité Técnico de Árbitros de Ourense designou para este encontro ao colexiado, Pablo Graña Rodríguez, en cargado de impartir xustiza desde o asubío inicial ás 12.00 horas no Municipal de Oira e coas cámaras de RosaliaTv como testemuñas.

Enlace retransmisión en directo.

Check Also

Así queda o calendario para a liga 2024/25

As xogadoras de Tamayo comezarán o campionato a domicilio o domingo 15 de setembro no …

Skip to content