Empate do senior ante a SD Chantada (2-2)

As de Tamayo dominan pero escapóuselles o triunfo fronte a un efectivo Chantada que sempre foi por diante no marcador, logrando o seu primeiro punto da tempada.

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía, a pesar de unha comprensible lectura positiva de dominar e sumar fronte a un rival que tivo a vitoria nas súas mans ata os últimos minutos. Desde o inicio, as de Jorge González deixaban claras as súas intencións: a súa teórica inferioridade non lles intimidou e, con dúas ocasións nos primeiros cinco minutos de Diana e Eva, demostraron que ían a polos seus primeiros puntos do campionato.

Os primeiros achegamentos locais chegaron a balón parado unha vez superados os dez minutos desde o asubío inicial. Candela é a encargada de sacar senllos córneres, pero, primeiro de cabeza e logo Laura non rematan comodamente e Andrea bloca sen problemas. Á media hora de xogo, Noui rescata un balón e escapa en velocidade das centrais visitantes, pero o seu remate topa a resposta da gardameta visitante. Tres minutos despois, novamente á saída dun córner, Laura cabezea pegado ao poste. A tres minutos do final, Sabela centra á área e Andrea confíase, tras un bote envelenado do balón, despexa córner.

As ‘centenarias’ do club recibiron a súa homenaxe nos prolegómenos.

A continuación foi fatídica para as pontinas, apenas uns segundos de desaxustes que as chantadinas lles fixeron pagar caro. Unha saída desde atrás recupéraa Sara e o seu chute sorprende por arriba a Noa. Tras o 0-1, Rosalía seguía queréndose facer acredor do esférico, quizá xa co paso dos minutos escaso de forzas, pero con oportunidades. Pola súa banda, as de Jorge González, plantadas sobre o verde con criterio, dificultaban os intentos ofensivos das de Tamayo. A resposta azul chegou no minuto 51 cun disparo afastado de Sabela. Tan só un minuto despois, Vicky elévase sobre as demais para cabecear un bo envío de candea desde o córner pero, a pesar de que a esperanza foi que se convertese no empate, o coiro marchouse ao traveseiro. As ‘papeiras’ tentaron aumentar a distancia nun balón ás costas das defensa de Eva a Diana, no man a man ante Noa, dispara desviado e, posteriormente, falta que centra Laura, cabecea Eva desviado.

Resistíase o 1-1 para as pontinas. Era Laura quen o lograba no minuto 80′, cun remate ao primeiro toque desde o punto de penalti a un bo centro de Antía desde o sector esquerdo. Oira toleaba e as de Tamayo crían na remontada. A pesar de a esperanza, a realidade foi a contraria. No 86′ chegou o 1-2, falta lateral a favor do Chantada, o lanzamento peitéao Eva sorprendendo á meta local enviando o balón ao fondo da rede. Pouco durou a alegría dos ‘bermellas’, Vicky, no espacio reservado para os ‘noves’, remata o despexe de Andrea a un centro-chute de Noui e empata novamente o encontro. As pontinas terminaron o choque envorcadas na última parcela defendida polas súas adversarias e… non se rexistraron máis movementos e se que houbo repartición de puntos para dous rivais que non escatimaron esforzos para levarse o partido.

Para o técnico pontino: “O rival fixo o seu partido e adaptouse moito mellor ao partido que nós. En cambio, nós a pesar de empatar e remontar por dúas veces nunca conseguimos entrar nel. Chantada fixo unha formulación e saíulle ben”.

Check Also

4-0: O sénior golea e achégase ao obxectivo

Un tanto espectacular de Bonjoch, outro de Vicky e Zaira e Patri, en propia porta, …

Skip to content