Co título “Falemos de fútbol”, o Comité de adestradores da Federación Galega de Fútbol celebrou este luns día 30 a terceira das suas xornadas técnicas, unha actividade dirixida a adestradores, árbitros, directivos de clubes e xogadores. Nesta última xornada, o protagonismo foi para o fútbol 8 e nosa escola estivo representada pola directiva, xogadora Isis Sanmartín.
Isis acudió a conferencia acompañada polo árbitro do comité ourensánJosé Antonio Rodríguez Fernández (encargado de explicar a tod@s os presentes as regras do F8), o adestrador Antonio Álvarez do Ourense CF e o coordinador do Pabellón CF, José Luis Dibuja.Por parte denoso clube acompañaron como púbico o noso presidente Mario Gómez e o directivo Yuse..
Na iniciativa participaron adestradores/as, árbitros e xogadores/as asistiron como ointes pero tamén tiveron a oportunidade de falar e preguntar dúbidas, xa que a actividade tivo o formato de mesa redonda, polo que foi moi participativa co obxectivo de que os asistentes puidesen formular todas as súas dúbidas.
Unha moi boa iniciativa de Federación galega, xa que toda información que reciban os membros dos distintos clubes sempre é positiva e agradecer que contasen con oso clube para poder participar activamente.